As contas claras

transparencia

O perfil humanitario e idealista que caracteriza ás entidades sen ánimo de lucro ou oenegués fixo posible que historicamente quedaran excluídas de toda dúbida ou sospeita ilícita e, polo tanto, alleas ás políticas de transparencia, auditorías ou xestión de contas. Hoxe en día, por rigorosidade profesional e coherencia ética, o camiño a seguir é xustamente o contrario.

O noso lugar está ao lado dos cidadáns. Por iso, dende o noso nacemento puxemos en marcha unha exhaustiva política de transparencia económica da que sempre demos conta aos nosos socios e colaboradores financeiros.

Dende Íntegro cremos que traballar con responsabilidade e transparencia redunda en beneficios para todos porque xera confianza e fai que xurda un maior capital social, a administración pon máis en valor o traballo realizado e a sociedade participa da nosa labor dando paso a unha cidadanía máis activa e comprometida co noso fin.

Adaptándonos ás novas tecnoloxías tamén queremos poñer á túa disposición as contas claras.

En aplicación da normativa recollida na Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
btn_memoria

Quen nos financia?

Os usuari@s, coas súas aportacións, e os soci@s, coas súas cotas. Diferentes administracións públicas e entidades privadas tamén contribúen economicamente a través da concesión de subvencións, promocións, doazóns e colaboracións esporádicas. En Íntegro sabemos que sen os nosos colaboradores este proxecto social non sería posible. Grazas a todos!

En que investimos?

Sobre todo en gastos correntes (mantemento das instalacións, persoal, servizos exteriores) pero dende a entidade sempre apostamos pola existencia dun fondo de inversión que garanta a participación dos usuari@s en proxectos de intercambio grupal, experiencias de integración social ou actividades de inserción sociolaboral.