Capacíta-T

capacita-t-pht

Vivimos nunha sociedade que sempre está a recalcar que todos/as somos diferentes. Pero este énfase máis que enriquecernos, impídenos vivir e convivir en harmonía e igualdade. Un mundo onde ser diferentes e ter unha diferencia funcional sitúate directamente nunha posición de menor valía e con necesidades diferentes.

Diversidade e pluralidade están na base dun mesmo triángulo en cuxo vértice só pode encontrarse a integración. O alimento para que este tríade se sosteña non só inclúe a tolerancia e o respecto senón, sobre todo, un compromiso esixente para cada unha das partes implicadas. Para elo, é preciso coñecer a realidade, dende a normalidade e o sentido común, rompendo estereotipos e ideas irracionais, achegando e traballando xuntos/as en materia de sensibilización e capacitación. Só así acadaremos unha comunidade inclusiva.

Neste senso, xurde Capacíta-T, un programa de sensibilización, educación e formación do noso centro. Consolídase como un dos programas centrais e engloba diferentes accións internas e externas para desenvolver liñas estratéxicas e alcanzar os obxectivos marcados. Consideramos oportuno que o programa de sensibilización, formación e educación de Íntegro se artelle baixo o nome de CAPACÍTA-T, posto que é un programa de Capacitación da poboación en xeral, que forma, sensibiliza e educa para lograr a plena normalidade e inclusión das persoas con diversidade.

As persoas con discapacidade e as súas familias son os grupos da sociedade máis marxinados e vulnerables. Os dereitos das Persoas con Discapacidade non foron protexidos nin respectados da mesma forma cos das persoas sen discapacidade.

As Persoas con Diversidade funcional contan cos mesmos dereitos que as Persoas sen Discapacidade pero estes dereitos deben ser promovidos e protexidos. En moitas ocasións, négase a posibilidade de que as Persoas con Discapacidade tomen as súas propias decisións e actúen en consecuencia, sendo outros/as os que terminan decidindo por elas/eles.

Na maioría das ocasións négaselles a posibilidade de exercer o seu dereito á educación, á saúde e á vida digna na comunidade. Toda a sociedade debe propiciar e Capacitarse para vivir en inclusión.

Dentro das diferentes accións deseñadas para dar sentido ao programa central destacan o deseño e celebración de xornadas, actividades e accións formativas.

A )XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN

xornadas-diversidade-e-familiaEste tipo de xornadas pretenden responder ás carencias de coñecemento e capacitación da comunidade, ó cambio sobre as crenzas irracionais e ós estereotipos negativos en torno á diversidade, capacitándonos para convivir con normalidade e Igualdade, sen que as diferenzas por razóns de diversidade supoñan un trato desigual. Ao mesmo tempo, permite brindar información variada sobre aspectos esenciais da vida das persoas con diversidade e dar visibilidade ás diferentes accións e servizos do noso centro, onde os/as usuarios/as son protagonistas.

Ademais, consideramos imperante consolidar este tipo de programas no noso contorno rural (comarca de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra) para levar a cabo tamén labores preventivas de lesións por accidentes, educar e formar á poboación na inclusión real, impulsar a autonomía e a capacidade das persoas con diversidade e reivindicar os servizos e recursos nesta materia dentro do entorno rural. Cada unha das nosas xornadas ten unha temática distinta segundo as necesidades detectadas en cada ámbito de actuación: familia, sexualidade, formación, emprego, etc.

Destaca, neste senso, a nosa xornada anual de INCLUSIÓN que ten o pretexto de contribuír a mellorar a concepción das persoas con diversidade ata lograr a plena normalidade e a súa inclusión na sociedade. Trátase dunha xornada lúdica e festiva onde todas as entidades sociais da zona, ademais de pasalo ben e desfrutar do tempo de ocio, reivindicamos a nosa presenza na sociedade. Cada ano celebrámola nun lugar diferente e contamos cunha programación específica na que nunca falta a Marcha Diversa, o Xantar Inclusivo, a solta simbólica de globos e as actividades na rúa.

B) PROGRAMAS ESCOLARES

programas-escolaresSomos coñecedores de que a educación é a base para acadar unha inclusión real. Por iso, estes programas están deseñados especialmente para que sexan os/as escolares os verdadeiros protagonistas na capacitación real dunha sociedade máis xusta. Ao mesmo tempo, poñémonos a disposición das entidades educativas achegando os nosos servizos e colaboracións.

C) DIVERSIESCOLA e CONCURSOS TEMÁTICOS

Trátase dun programa de sensibilización e formación para os máis peques do centro escolar. A través de diferentes contos e usando a técnica da narración oral e dramatización poderanse achegar á diversidade, coñecela e normalizala. Logo realizan diferentes actividades empregando elementos como o muralismo e os xogos emocionais. Por outra banda, tamén celebramos o noso concurso de debuxo “Ponte no meu lugar”, unha actividade que permite que os máis pequenos expresen libremente a súa idea de diversidade e de sociedade inclusiva.

D) VISÍTANOS

visitanos-fotografiaÉ programa de convivencia onde os/as escolares xunto cos/as nosos/as usuarios/as son os/as protagonistas dunha xornada chea de aprendizaxe e valores positivos. A actividade está dirixida a nenos/as do último ciclo de primaria coa finalidade de que poidan coñecer o noso centro, visitar as nosas instalacións e, por suposto, participar nas nosas actividades ocupacionais. Deste xeito, e tras unha xuntanza grupal falando e indagando sobre as súas ideas previas en torno á discapacidade, poden participar de forma activa e a modo de estacións lúdicas nas seguintes actividades: artes manuais para a confección dalgún produto, invernadoiro e o circuíto de mobilidade.

E) A TI TAMÉN CHE PODE PASAR

a-ti-tamen-che-pode-pasarÉ programa de sensibilización e prevención de lesións medulares destinadoao alumnado da ESO e que ten como obxectivo principal concienciar aos mozos/as en materia de prevención, dotándoos dos coñecementos necesarios. Por outra banda, tamén poderán sensibilizarse a través dos circuítos de mobilidade en cadeiras de rodas aumentando así a súa empatía e sendo máis conscientes das dificultades coas se pode atopar unha persoa nesta situación.

NOVAS RELACIONADAS CON CAPACÍTA-T

Escolares de Camariñas e Ponte do Porto comparten risas e coñecementos no Visítanos

 46 alumnos e alumnas de 4º de primaria realizaron un percorrido polas instalacións e participaron en todos os obradoiros coa axuda de mestres/as e usuarios/as  Esta semana o Centro de Recursos Íntegro recibiu a visita dun grupo de alumnos e alumnas dos colexios de educación primaria de Camariñas e Ponte do Porto para participar nunha […]

Máis de 100 estudantes de Ponteceso, Vimianzo e Zas protagonizan as últimas accións inclusivas de Íntegro

Onte 34 alumnos/as do IES Eduardo Pondal asistiron a unha charla sobre lesións medulares e 59 do CEIP San Vicenzo de Vimianzo desprazáronse ata Nantón para participar no Visítanos. Hoxe, a campaña de prevención aterrou no CPI de Zas   Tras as vacacións de Semana Santa, a comunidade educativa da Costa da Morte volveu ser […]

O CEIP de Buño transfórmase nunha Diverescola para os/as estudantes de infantil e primaria

Preto de 30 nenos e nenas participaron nunha xornada de sensibilización incluída no programa Capacíta-T Os alumnos/as de infantil e primaria do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño (Malpica) convertéronse onte nos protagonistas dunha nova edición da Diverescola, unha iniciativa promovida por Íntegro, no marco do programa Capacíta-T, para achegar aos máis cativos/as a diversidade […]

Visítanos recibe a 47 estudantes do CPI As Revoltas

Os talleres de artes manuais e cociña tiveron gran aceptación entre os alumnos/as do centro educativo de Cabana Esta semana o Centro de Recursos de Nantón volveu a abrir as súas portas para acoller unha nova edición de Visítanos!, unha actividade educativa incluída no programa Capacíta-T que está dirixida a concienciar e sensibilizar aos escolares […]

A Diverescola aterra no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso con xogos e obradoiros de habilidade

Máis de 40 alumnos/as de 3º e 4º de primaria experimentaron a diversidade na súa propia pel    Esta mañá as aulas de 3º e 4º de primaria do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso abriron as súas portas a unha nova edición da Diverescola, a versión máis infantil de Capacíta-T, un programa de sensibilización e […]

A Diverescola de Íntegro visita o CPI de Zas

Preto de 40 alumnos e alumnas de infantil e primaria participaron no programa de sensibilización e visibilidade de persoas con diversidade funcional Tras as vacacións de Nadal e coas aulas dos colexios da Costa da Morte repletas de escolares, a asociación Íntegro botou a andar unha nova edición do programa de sensibilización e visibilidade de […]

Íntegro combate o desemprego na Costa da Morte con novas accións formativas

Trátase de cursos de capacitación para persoas con diversidade funcional cofinanciados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo Esta semana coñeciamos as demoledoras cifras sobre a inserción laboral de persoas con diversidade funcional na Costa da Morte facilitadas pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Das preto […]

Estudantes do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño achéganse á diversidade con Visítanos

O pasado mércores 31 escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria gozaron dunha xornada de convivencia e sensibilización en Íntegro dentro do programa Capacíta-T  Esta semana a asociación Íntegro volveu a abrir as súas portas a escolares da Costa da Morte para acoller a celebración dunha nova edición de Visítanos!, unha actividade educativa […]

Visítanos! abre a porta da diversidade a estudantes de primaria do CPI de Zas

27 alumnos/as de 4º, 5º e 6 de primaria visitaron o centro de Nantón e participaron en diferentes obradoiros cos nosos usuarios dentro do programa Capacíta-T Esta semana as portas de Íntegro volveron a abrirse para un grupo de escolares da Costa da Morte cos que celebramos unha nova edición de Visítanos!, unha actividade educativa […]

O CPI de Zas acolle a última xornada da campaña de prevención de lesións medulares

As charlas informativas nos centros educativos de primaria e secundaria regresarán ás aulas tras as vacacións de verán Os alumnos e alumnas de 3º da ESO do CPI de Zas foron os encargados/as de pechar esta semana o ciclo de charlas informativas da campaña de prevención de lesións medulares que a asociación Íntegro levou a […]