post

O PIMD Rural reforza o seu programa de mellora da empregabilidade das mulleres con disCapacidade

O PIMD Rural de Íntegro reforza o seu programa de mellora da empregabilidade das mulleres con disCapacidade. Ademais dos cursos que se están a impartir este verán en varios concellos de Bergantiños, nos vindeiros meses desenvolverase unha nova iniciativa centrada nas posibilidades persoais e profesionais das mulleres, sempre co obxectivo da inserción laboral.

+ información

Se es muller e queres buscar emprego, mellorar as túas habilidades, sentirte máis capaz de enfrontarte a unha entrevista ou desenvolver unha idea profesional,  esta iniciativa interésache. Traballaremos a oferta e demanda de emprego na nosa contorna, o currículum, o desenvolvemento de ideas e posibilidades de emprego, a busca directa e indirecta, o asesoramento en recursos… E todo iso nun grupo reducido de non máis de seis mulleres.

O primeiro grupo traballará durante o mes de agosto (luns e xoves, de 10.00 a 13.00 horas) no centro de recursos de Íntegro, en Nantón (Cabana). En setembro estenderemos a experiencia, e crearemos grupos en Laxe, Malpica, Ponteceso e Cabana. Terán preferencia as mulleres con disCapacidade.

Máis información e inscricións en:

Íntegro
A Pedra, 30 – Nantón

Cabana de Bergantiños
Tfnos. 981 734 985 / 650 961 649
info@integro.es