PIMD Rural

pimd-rural-logo

PIMD RURAL (Punto de Intervención para mulleres, maioritariamente, con diversidade funcional do rural)

A Asociación Íntegro desenvolve dende hai anos un programa específico de asesoramento e intervención integral a persoas con diversidade funcional, especialmente mulleres, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.

Co fin de mellorar a nosa actuación e incrementar a colaboración cos servizos de proximidade á cidadanía  creamos o PIMD  Rural (Punto de Intervención a Mulleres, maioritariamente, con diversidade funcional no rural). Neste senso, este ano, beneficiaranse dos servizos do PIMD Rural os concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Malpica e Laxe.

O obxectivo principal deste servizo específico é achegar e aproveitar os recursos técnicos da nosa asociación e poñelos ao servizo de mulleres, maioritariamente, con diversidade funcional pertencentes a diferentes localidades do noso entorno de intervención. Neste senso, é importante destacar a función de colaboración e cooperación que debe existir entre as nosas profesionais e os/as técnicos municipais no labor de detección de casos e no deseño de intervención.  Debe ser unha prioridade das políticas sociais o tratamento da Igualdade de Oportunidades e das lacras asociadas a ela. Partindo desta premisa, debemos ter presente que a muller con discapacidade está dobremente afectada pola desigualdade de xénero e outras discriminacións asociadas. Se traballamos xuntas/os poderemos dar visibilidade a esta realidade e asentar as ferramentas e os recursos necesarios para combatela.

OBXECTIVOS e beneficios da consolidación do PIMD Rural no voso Concello:

  • Establecer colaboración e cooperación entre a nosa entidade e os concellos, especialmente cos servizos sociais comunitarios
  • Mellorar as actuacións previstas nos Plans de Igualdade Municipais a través de actuacións específicas con persoal especializado na atención de persoas con diversidade funcional
  • Incrementar as medidas de loita contra a discriminación e desigualdade de oportunidades que sofre o colectivo de muller con diversidade
  • Planificar e desenvolver accións que faciliten o empoderamento das mulleres con diversidade funcional
  • Promover a información sobre os dereitos e os recursos das mulleres con diversidade, loitando contra a exclusión social e facendo visible estas realidades para alcanzar a normalidade
  • Asesorar e informar sobre os recursos e programas específicos da nosa asociación

PROFESIONAIS que integran o programa:

psicóloga, terapeuta ocupacional, traballadora social e monitora de obradoiros.

logos-unidos

O programa PIMD Rural así como todas as accións que o integran están financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo (FSE). Os seus obxectivos teñen como finalidade fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación na que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade,  dotándoas dunha maior autonomía e independencia de cara á mellora da súa situación persoal, social e laboral e ofrecéndolles unha atención personalizada e especializada para a súa integración na sociedade e no mercado de traballo.

pimd-rural-placas

ACTUACIÓNS PREVISTAS

1-. Información e Asesoramento sobre recursos en materia de diversidade: certificados de minusvalía, tutelas e curatelas, asesoramento en acondicionamento do fogar, accesibilidade universal,  dependencia, etc.

2-. Información e asesoramento sobre aspectos e intereses persoais: posibilidades formativas, posibilidades de ocio e participación social, asesoramento e intervención afectivo-sexual, en materia de maternidade, etc.

3-. Atención psicolóxica e mediación familiar: valoración de necesidades de intervención e de sintomatoloxía asociada, intervención en comunicación e expresión emocional, apoio e atención psicolóxica a coidadoras, apoio na mediación familiar: pautas educativas, resolución de conflitos, detección de relacións abusivas e de maltrato, etc.

4-. Planificación e colaboración no deseño e execución de accións e actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas e de competencias para a mellora da empregabilidade das persoas con diversidade funcional, especialmente das mulleres: obradoiros de habilidades sociais (comunicación, escoita activa, resolución de conflitos), obradoiros pre-laborais (adquisición de habilidades, básicas e instrumentais, para o desempeño de actividades da vida diaria). Entre as básicas estarían a hixiene persoal e os auto-coidados e nas instrumentais, as tarefas do fogar, xestión económica, coidado de outros/as,  arranxos do fogar, etc.

5-. Apoio e colaboración na orientación e intermediación laboral e profesional: busca de emprego, acompañamento, accións destinadas a mellorar a formación (TICS, alfabetizacións, etc.).

6-. Outras actuacións que cubran as necesidades e os intereses da administración e da nosa entidade, como pode ser: apoio na planificación de actividades de sensibilización, asesoramento en política de inclusión social e accesibilidade universal, etc.

En función do tipo de intervención seguirase unha atención individual ou grupal. Debemos ter en conta que o apartado de obradoiros débese estudar de forma conxunta para avaliar as necesidades e recursos de cada acción.

CRITERIOS E REQUISITOS PARA O ACCESO AO PIMD RURAL

Todos os servizos que compoñen o programa están destinados á muller con vulnerabilidade, maioritariamente, á muller con diversidade funcional. Neste senso, convén destacar que estamos suxeitos ás esixencias que marca a Secretaría Xeral de Igualdade (fichas de rexistro e indicadores).

Debemos organizar e concretar as intervencións que imos realizar de forma conxunta.

MODALIDADES DE INTERVENCIÓN:

– Mediante a derivación de usuarias á nosa Asociación.

– A través de visitas domiciliarias, sempre e cando se xustifique esta necesidade.

– A través das citas marcadas no PIMD Rural municipal, un espazo físico nas diferentes localidades que posibilita a atención e coordinación directa coas usuarias e cos/coas técnicos/as dos diferentes servizos do concello.

Con que estamos agora?? Actualmente, ademais das atencións individuais na asociación e nos concellos, estamos executando 4 obradoiros formativos dentro da entidade: Cociña (tapas e aperitivos variados), Redes Sociais, Informática Básica e Mecanografía, e Artes Manuais.

Para os vindeiros meses, tamén hai programadas outras accións de formación nos concellos integrados no PIMD Rural.

pimd-curso-cociña

Enlaces de interese para mulleres con diversidade funcional

SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE
http://igualdade.xunta.gal/es/departamento/secretaria-xeral-da-igualdade

INSTITUTO DE LA MUJER Y PARA LA IGUALDAD DE OPORTUNIDADES
http://www.inmujer.gob.es/

POR UNHA SOCIEDADE LIBRE DE VIOLENCIA DE XÉNERO
http://www.violenciagenero.msssi.gob.es/

NOVAS RELACIONADAS CO PIMD RURAL

O delegado territorial da Xunta en A Coruña destaca o seu compromiso con Íntegro na súa primeira visita á entidade

Ovidio Rodeiro Tato acudiu a Nantón acompañado do alcalde e o concelleiro de Obras e Servizos de Cabana Esta mañá o delegado territorial da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, realizou unha visita oficial ao Centro de Recursos de Íntegro en Nantón (Cabana) para coñecer en primeira persoa o funcionamento da entidade e abordar […]

Íntegro ofrece un servizo de asesoramento sobre recursos individuais en materia de diversidade funcional

Esta acción forma parte do PIMD Rural e está dirixida a mulleres con discapacidade e persoas en situación de dependencia Dende hai anos a asociación Íntegro está a desenvolver un programa específico de asesoramento e intervención integral a persoas con diversidade funcional, especialmente mulleres, co-financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e […]

clubEmprego, o novo espazo de encontro para a inserción laboral da muller

Trátase dunha acción formativa englobada no PIMD Rural que botará a andar o 1 de abril en Íntegro e nos concellos de Malpica, Laxe, Cabana e Ponteceso As interesadas poderán inscribirse a partir de mañá no Centro de Recursos de Nantón, coincidindo co Día da Muller Mañá conmemórase o Día da Muller e en Íntegro […]

Íntegro reforma o seu PIMD Rural coa incorporación da traballadora social da asociación e a apertura de novas canles de inserción laboral

A secretaria xeral de Igualdade da Xunta, que visitou hoxe as instalacións de Nantón, destacou a importancia de traballar na mellora das capacidades das mulleres usuarias Representantes dos concellos de Cabana, Ponteceso, Laxe e Malpica asinaron un novo convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa Coa experiencia acumulada no período 2015-2016, Íntegro inicia o […]

A Secretaria Xeral de Igualdade visita Íntegro para asistir á presentación do PIMD Rural 2016-2017

Susana López acudirá o vindeiro luns á firma dos novos convenios de colaboración coas entidades locais   A Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, visitará o vindeiro luns o Centro de Recursos de Íntegro para asistir, xunto aos alcaldes e representantes dos concellos de Cabana,  Ponteceso, Malpica e Laxe, á […]

A asociación Íntegro aposta pola renovación dos convenios de colaboración cos concellos bergantiñáns adheridos ao PIMD Rural

108 mulleres do rural, na súa maioría con diversidade funcional, beneficiáronse deste programa dende xaneiro de 2015   Nas vindeiras semanas a asociación Íntegro retomará a actividade do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional no ámbito rural (PIMD Rural). Para elo, procederase a contactar cos concellos xa adheridos a este programa dirixido a […]

Clausurado en Laxe o sétimo curso do PIMD Rural organizado pola Asociación Íntegro

Trátase dun programa formativo financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo (FSE) Hai uns días clausuramos o curso de Artes Manuais levado a cabo no Concello de Laxe dentro do programa do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade (PIMD Rural), financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia […]

Dúas alumnas do curso de Tapas e Aperitivos do PIMD Rural de Íntegro xa acadaron a inserción laboral

Onte tivo lugar no Concello de Malpica a clausura do curso de Tapas e Aperitivos organizado pola Asociación Íntegro e o Departamento de Servizos Sociais dentro do PIMD Rural. Seis das oito participantes recibiron os seus diplomas de mans do presidente da nosa entidade, Adolfo López, e a concelleira da área, Marisol Blanco.  As outras […]

Íntegro clausurou esta mañá o curso de informática do PIMD Rural

A entidade iniciará en agosto novas accións formativas para mellorar o emprego feminino Esta mañá en Íntegro clausuramos o curso de Informática para mulleres con disCapacidade enmarcado no programa do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade (PIMD Rural), co-financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (FSE). […]

Íntegro clausurou o curso de cociña para mulleres con disCapacidade incluído no PIMD Rural

A Asociación Íntegro clausurou onte o curso de cociña que estivo a impartir no centro de recursos de Nantón dende o pasado mes de maio a mulleres, prioritariamente, con disCapacidade. Esta é a primeira acción formativa levada a cabo a través do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade (PIMD Rural) organizada pola nosa entidade […]
INTEGRO - Asociación de persoas con diversidade funcional das bisbarras de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra
Aviso Legal | Política de Cookies

Diseño web & Hosting donCLIC