Proxectos

proxectosCada unha das actividades que levamos a cabo é para nós un proxecto ilusionante, de traballo e de vida, porque todos afectan e inciden positivamente no día a día dos nosos usuari@s e das súas familias. Algúns traspasan as barreiras do centro e convértense en proxectos de toda a comunidade.

DiversiTeatro:

Trátase dunha actividade con gran transcendencia social dentro do municipio debido á sempre exitosa posta en escena final e ós bos resultados obtidos. Pero, ademais, proporciona moitos beneficios ás persoas con diversidade funcional: maior inclusión social, exteriorización dos seus propios sentimentos, mellora a coordinación e o dominio do seu propio corpo, maior capacidade de expresión verbal e non verbal, empatía, autoestima, confianza e seguridade en si mesmas.

Diversiescola:

É un proxecto de colaboración cos centros educativos do municipio para concienciar aos escolares sobre a diversidade funcional e promover condutas e cambios que acaben coa discriminación e a desigualdade. Para elo, os rapaces deben realizar exercicios de aproximación e simulación.

Acéndete:

É máis que un obradoiro porque ten dobre finalidade: dar a coñecer a Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional e ensinar como se fai unha curtametraxe. O resultado non podía ser mellor: a proxección da curta sobre os dereitos humanos en escolas, exposicións, xornadas, conferencias…

Voluntariado:

Levamos a cabo accións puntuais de sensibilización para promover o voluntariado na comunidade e conseguir novas incorporacións para o noso equipo de voluntari@s. Tamén damos información sobre os programas locais de acción social nos que podes botar unha man. Un traballo de fondo que, estamos seguros, imos lograr. Non deixes para mañá o que poidas facer hoxe. Voluntarízate!!