post

Íntegro amplía o seu cadro de persoal co Programa Operativo de Emprego Xuvenil

As novas contratacións están subvencionadas polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia

Ao longo do 2016 o Centro de Recursos e o Centro de Día da asociación Íntegro, con sede en Nantón (Cabana), incrementaron notablemente o seu volume de actividades e programas dirixidos a persoas con diversidade funcional da Costa da Morte. A ampliación desta oferta formativa foi posible grazas á contratación de tres novos/as profesionais, especializados na programación e desenvolvemento de iniciativas que favorecen a inclusión e diversidade social do noso colectivo.

As novas incorporacións (1 monitoria de ocio e tempo libre, 1 técnica audiovisual e 1 xardineiro) englóbanse nun programa de cooperación entre a Consellería de Economía, screenshot_14Emprego e Industria da Xunta de Galicia e as entidades sen ánimo de lucro, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e a inserción profesional de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Dita subvención está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Así, a monitora de ocio e tempo libre será a encargada de xestionar e coordinar tanto as actividades lúdicas e de lecer como os distintos obradoiros do noso Centro de Día e do Centro Ocupacional.

Pola súa banda, a técnica audiovisual será quen asuma as tarefas relacionadas coas novas tecnoloxías, unha actividade enmarcada no programa de talleres do Centro de Día e do Centro Ocupacional para, a partires de aprendizaxes básicos e de perfeccionamento, ofrecer os/as usuarios/as a posibilidade de realizar cursos de formación aproveitando os nosos propios recursos. Neste senso, durante o presente exercicio poremos en marcha un programa formativo especializado en Tics ademais de iniciar ós/ás nosos/as usuarios/as no mundo audiovisual a través da creación dunha pequena curtametraxe. Outra das tarefas asinadas será a dinamización do noso blog informativo e de entretemento Bikodamora, posto en marcha por persoas usuarias da asociación. 

IMG-20160212-WA0001

A terceira incorporación, con cargo a este proxecto de cooperación, é a dun xardineiro que se encargará da creación dun xardín terapéutico e de catro invernadoiros, adaptados para os/as usuarios/as do Centro Ocupacional e do Centro de día,  co obxectivo de mellorar a interacción social, estimular a memoria e a mente, mellorar a percepción do tempo ( a través das estacións do ano), aumentar a autoestima, propiciar a toma de decisións e fomentar a actividade física.

Grazas a esta nova acción de contratación, englobada no Programa Operativo de Emprego Xuvenil, confiamos en poder seguir proporcionando novos servizos ás persoas con diversidade funcional da Costa da Morte e ás súas familias para lograr a súa inclusión social e a consecución dunha vida independente e autónoma.