Actividades

Estar en contacto coa natureza, saír do contorno habitual e fomentar as relacións de amizade e convivencia entre os nosos usuarios/as son para nós un obxectivo prioritario e cumprido grazas ás excursións e saídas que realizamos ao longo do ano. Ademais, sempre descubrimos novos lugares cheos de encanto. Estas son algunhas das nosas propostas para 2016.

A Coruña: Acuario Finisterrae e Centro Comercial Marineda

Carballo: Área Recreativa do Tarambollo (Sofán), praia e lagoa de Baldaio

Coristanco: Área recreativa de Verdes

Carnota: visita ó hórreo máis longo de Galicia

Dumbría: Mirador do Ézaro e sesión de teatro

Laxe: Museo do Mar e visita polo pobo

Tamén visitaremos os centros comerciais e as feiras dalgúns municipios das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra sen esquecernos das festas locais. Queres saber cando?