Capacíta-T

capacita-t-pht

Vivimos nunha sociedade que sempre está a recalcar que todos/as somos diferentes. Pero este énfase máis que enriquecernos, impídenos vivir e convivir en harmonía e igualdade. Un mundo onde ser diferentes e ter unha diferencia funcional sitúate directamente nunha posición de menor valía e con necesidades diferentes.

Diversidade e pluralidade están na base dun mesmo triángulo en cuxo vértice só pode encontrarse a integración. O alimento para que este tríade se sosteña non só inclúe a tolerancia e o respecto senón, sobre todo, un compromiso esixente para cada unha das partes implicadas. Para elo, é preciso coñecer a realidade, dende a normalidade e o sentido común, rompendo estereotipos e ideas irracionais, achegando e traballando xuntos/as en materia de sensibilización e capacitación. Só así acadaremos unha comunidade inclusiva.

Neste senso, xurde Capacíta-T, un programa de sensibilización, educación e formación do noso centro. Consolídase como un dos programas centrais e engloba diferentes accións internas e externas para desenvolver liñas estratéxicas e alcanzar os obxectivos marcados. Consideramos oportuno que o programa de sensibilización, formación e educación de Íntegro se artelle baixo o nome de CAPACÍTA-T, posto que é un programa de Capacitación da poboación en xeral, que forma, sensibiliza e educa para lograr a plena normalidade e inclusión das persoas con diversidade.

As persoas con discapacidade e as súas familias son os grupos da sociedade máis marxinados e vulnerables. Os dereitos das Persoas con Discapacidade non foron protexidos nin respectados da mesma forma cos das persoas sen discapacidade.

As Persoas con Diversidade funcional contan cos mesmos dereitos que as Persoas sen Discapacidade pero estes dereitos deben ser promovidos e protexidos. En moitas ocasións, négase a posibilidade de que as Persoas con Discapacidade tomen as súas propias decisións e actúen en consecuencia, sendo outros/as os que terminan decidindo por elas/eles.

Na maioría das ocasións négaselles a posibilidade de exercer o seu dereito á educación, á saúde e á vida digna na comunidade. Toda a sociedade debe propiciar e Capacitarse para vivir en inclusión.

Dentro das diferentes accións deseñadas para dar sentido ao programa central destacan o deseño e celebración de xornadas, actividades e accións formativas.

A )XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN

xornadas-diversidade-e-familiaEste tipo de xornadas pretenden responder ás carencias de coñecemento e capacitación da comunidade, ó cambio sobre as crenzas irracionais e ós estereotipos negativos en torno á diversidade, capacitándonos para convivir con normalidade e Igualdade, sen que as diferenzas por razóns de diversidade supoñan un trato desigual. Ao mesmo tempo, permite brindar información variada sobre aspectos esenciais da vida das persoas con diversidade e dar visibilidade ás diferentes accións e servizos do noso centro, onde os/as usuarios/as son protagonistas.

Ademais, consideramos imperante consolidar este tipo de programas no noso contorno rural (comarca de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra) para levar a cabo tamén labores preventivas de lesións por accidentes, educar e formar á poboación na inclusión real, impulsar a autonomía e a capacidade das persoas con diversidade e reivindicar os servizos e recursos nesta materia dentro do entorno rural. Cada unha das nosas xornadas ten unha temática distinta segundo as necesidades detectadas en cada ámbito de actuación: familia, sexualidade, formación, emprego, etc.

Destaca, neste senso, a nosa xornada anual de INCLUSIÓN que ten o pretexto de contribuír a mellorar a concepción das persoas con diversidade ata lograr a plena normalidade e a súa inclusión na sociedade. Trátase dunha xornada lúdica e festiva onde todas as entidades sociais da zona, ademais de pasalo ben e desfrutar do tempo de ocio, reivindicamos a nosa presenza na sociedade. Cada ano celebrámola nun lugar diferente e contamos cunha programación específica na que nunca falta a Marcha Diversa, o Xantar Inclusivo, a solta simbólica de globos e as actividades na rúa.

B) PROGRAMAS ESCOLARES

programas-escolaresSomos coñecedores de que a educación é a base para acadar unha inclusión real. Por iso, estes programas están deseñados especialmente para que sexan os/as escolares os verdadeiros protagonistas na capacitación real dunha sociedade máis xusta. Ao mesmo tempo, poñémonos a disposición das entidades educativas achegando os nosos servizos e colaboracións.

C) DIVERSIESCOLA e CONCURSOS TEMÁTICOS

Trátase dun programa de sensibilización e formación para os máis peques do centro escolar. A través de diferentes contos e usando a técnica da narración oral e dramatización poderanse achegar á diversidade, coñecela e normalizala. Logo realizan diferentes actividades empregando elementos como o muralismo e os xogos emocionais. Por outra banda, tamén celebramos o noso concurso de debuxo “Ponte no meu lugar”, unha actividade que permite que os máis pequenos expresen libremente a súa idea de diversidade e de sociedade inclusiva.

D) VISÍTANOS

visitanos-fotografiaÉ programa de convivencia onde os/as escolares xunto cos/as nosos/as usuarios/as son os/as protagonistas dunha xornada chea de aprendizaxe e valores positivos. A actividade está dirixida a nenos/as do último ciclo de primaria coa finalidade de que poidan coñecer o noso centro, visitar as nosas instalacións e, por suposto, participar nas nosas actividades ocupacionais. Deste xeito, e tras unha xuntanza grupal falando e indagando sobre as súas ideas previas en torno á discapacidade, poden participar de forma activa e a modo de estacións lúdicas nas seguintes actividades: artes manuais para a confección dalgún produto, invernadoiro e o circuíto de mobilidade.

E) A TI TAMÉN CHE PODE PASAR

a-ti-tamen-che-pode-pasarÉ programa de sensibilización e prevención de lesións medulares destinadoao alumnado da ESO e que ten como obxectivo principal concienciar aos mozos/as en materia de prevención, dotándoos dos coñecementos necesarios. Por outra banda, tamén poderán sensibilizarse a través dos circuítos de mobilidade en cadeiras de rodas aumentando así a súa empatía e sendo máis conscientes das dificultades coas se pode atopar unha persoa nesta situación.

NOVAS RELACIONADAS CON CAPACÍTA-T

Íntegro volve ás aulas cunha nova edición da Diverescola

O CPI de Zas foi a primeira parada desta iniciativa, incluída no programa Capacíta-T, para a achegar ao alumnado de infantil e primaria da Costa da Morte a diversidade e a inclusión a través do xogo e o entretemento A asociación Íntegro vén de poñer en marcha unha nova edición da Diverescola, unha iniciativa promovida

A accesibilidade nas praias

Sol, calor, area, hamacas, baño no mar…. Achégase o verán e dá comezo a tempada de praias. As persoas somos diversas, e segundo os gustos de cada unha pode agradar máis ou menos desfrutar do ocio nas praias, pero estas, sendo un servizo público, deben estar accesibles para TODAS as persoas. Se nos poñemos a

Doce usuarios/as de Íntegro desfrutan dos beneficios da natación terapéutica

Trátase dunha actividade, dirixida principalmente a persoas con dificultade de mobilidade, que se desenvolve unha vez á semana desde hai máis dunha década na piscina municipal de Cabana Un ano máis, un grupo de usuarios e usuarias do noso Centro de Día e do Centro Ocupacional veñen de iniciar un novo curso de natación terapéutica

Persoas usuarias do Centro Ocupacional visitan varias empresas da Costa da Morte

A actividade, incluída no programa de formación, orientación e inserción laboral, pretende potenciar as habilidades ocupacionais e pre-laborais das persoas con diversidade funcional Dentro do programa de formación, orientación e inserción laboral, que se desenvolve no Centro Ocupacional Íntegro co obxectivo de promover a autonomía persoal e a vida independente das persoas con diversidade funcional,

A Diverescola chega ás unitarias de Traba e Torrexallóns, en Laxe

Un total de 15 nenos e nenas de educación infantil participaron nesta iniciativa, enmarcada no programa Capacíta-T, para a achegar a diversidade e a inclusión a través do xogo e o entretemento Un total de 15 nenos e nenas das escolas unitarias de Torrexallóns e Traba de Laxe veñen de participar nunha nova xornada de

A campaña de prevención da lesión medular de Íntegro visita o CPI Cabo da Area de Laxe

29 escolares de 3º e 4º da ESO participaron no día de onte nunha xornada de sensibilización que contou cunha charla informativa, a proxección dun vídeo e o testemuño dun lesionado medular Neste mes de marzo, a campaña de prevención da lesión medular de Íntegro volveu ás aulas coa celebración dunha xornada de sensibilización no

A campaña de prevención da lesión medular visita o IES Alfredo Brañas

Un total de 50 escolares de 4º da ESO participaron nunha xornada de sensibilización marcada polas medidas anti-COVID A campaña de prevención da lesión medular de Íntegro chegou esta semana ao IES Alfredo Brañas de Carballo coa celebración dunha xornada de sensibilización, dirixida ao alumnado de 4º da ESO, para informar sobre as causas e

Marzo arrinca con novas accións formativas para o Grupo Xuvenil de Íntegro

A vindeira semana dará comezo a 2ª edición do proxecto de protección ambiental “Coidemos o noso entorno”, incluído no programa Iniciativa Xove que financia a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia Ademais de varios obradoiros sobre compostaxe doméstica, as “3R” e novos hábitos saudables, a entidade tamén porá en marcha

A Diverescola chega ás aulas de infantil e primaria do CPI de Zas e do CEIP Nétoma–Razo de Carballo

71 nenos e nenas participaron nas xornadas de sensibilización promovidas pola entidade de Nantón, no marco do programa Capacíta-T, para achegar a diversidade á cativada Setenta e un nenos e nenas de infantil e primaria do CPI de Zas e do CEIP Nétoma-Razo (Carballo) convertéronse nas últimas semanas en protagonistas das primeiras sesións dunha nova

A campaña de prevención das lesións medulares arrincará este venres do IES Alfredo Brañas de Carballo

  • A Casa do Concello de Carballo acolleu onte a presentación dunha iniciativa que conta xa con 28 anos de andadura • No acto participaron o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, varios membros da xunta directiva, a educadora social da entidade, o alcalde de Carballo e a concelleira de Igualdade e Benestar A

Un grupo de nenos e nenas do campamento de verán Xolda Ocio Infantil participou nunha xornada de sensibilización en Íntegro

Tras a visita a Nantón, compartindo xogos e aprendizaxe, os nosos usuarios/as desprazáronse ata Carballo para participar na súa festa de fin de verán Un grupo de 39 nenos e nenas, de 3 a 12 anos de idade, do campamento de verán de Xolda Ocio Infantil de Carballo achegouse esta semana ata as nosas instalacións

Alumnado de infantil e primaria de A Laracha, Camariñas e Ponte do Porto protagonizaron as últimas accións de sensibilización promovidas por Íntegro na Costa da Morte

 Programas como a Diverescola e o Visítanos achegaron este mes a diversidade e a inclusión a máis de 150 nenos e nenas da contorna Máis de 150 alumnos/as de infantil e primaria da Costa da Morte participaron este mes nas últimas xornadas de sensibilización postas en marcha pola asociación Íntegro para concienciar aos máis pequenos/as

Máis de 400 alumnos/as da comarca participaron ao longo de maio nas campañas de sensibilización promovidas por Íntegro

Varios centros de ensino de Carballo, A Laracha e Zas foron os destinatarios das últimas accións formativas levadas a cabo pola entidade antes do remate do curso académico Coa chegada do bo tempo e o inminente remate do curso escolar, as campañas de sensibilización, promovidas pola asociación Íntegro ao longo do ano, sucédense case a

O alumnado de 3º e 4º do CPI As Revoltas de Cabana participou nunha xornada de sensibilización en Íntegro

Os 28 alumnos/as, que formaron parte desta nova edición do Visítanos, percorreron unha a unha as aulas de Nantón na procura de xogos, diversión e aprendizaxe Un grupo de escolares de 4º e 5º de primaria do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños achegáronse esta semana ata o Centro de Recursos Íntegro para participar

O CPI de Zas converteuse nunha Diverescola para estudantes de infantil e primaria

Todo o alumnado de infantil e o de 1º e 2º de primaria participaron nunha xornada de sensibilización incluída no programa Capacíta-T Os alumnos/as de infantil e primaria do CPI de Zas foron os protagonistas indiscutibles da nova edición da Diverescola, unha iniciativa promovida por Íntegro, no marco do programa Capacíta-T, para achegar aos máis

O CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe e o IES Terra de Soneira de Vimianzo protagonizaron as últimas xornadas de sensibilización de Íntegro

49 nenos de 2º e 3º de primaria achegáronse a coñecer o Visítanos mentres que os de 4º da ESO e 1º de bacharelato recibiron a visita da campaña de prevención de lesións medulares Un grupo de alumnos e alumnas de 2º e 3º curso de educación primaria do CPI Plurilingüe Cabo da Area de

A Diverescola enche de xogos e contacontos as aulas do CPI Xosé Pichel de Coristanco

Máis de 60 nenos e nenas participaron nunha xornada de sensibilización incluída no programa Capacíta-T Os alumnos/as de infantil e primaria do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco convertéronse onte nos protagonistas dunha nova edición da Diverescola, unha iniciativa promovida por Íntegro, no marco do programa Capacíta-T, para achegar aos máis cativos/as a diversidade e

Escolares de Camariñas e Ponte do Porto comparten risas e coñecementos no Visítanos

 46 alumnos e alumnas de 4º de primaria realizaron un percorrido polas instalacións e participaron en todos os obradoiros coa axuda de mestres/as e usuarios/as  Esta semana o Centro de Recursos Íntegro recibiu a visita dun grupo de alumnos e alumnas dos colexios de educación primaria de Camariñas e Ponte do Porto para participar nunha

Máis de 100 estudantes de Ponteceso, Vimianzo e Zas protagonizan as últimas accións inclusivas de Íntegro

Onte 34 alumnos/as do IES Eduardo Pondal asistiron a unha charla sobre lesións medulares e 59 do CEIP San Vicenzo de Vimianzo desprazáronse ata Nantón para participar no Visítanos. Hoxe, a campaña de prevención aterrou no CPI de Zas   Tras as vacacións de Semana Santa, a comunidade educativa da Costa da Morte volveu ser

O CEIP de Buño transfórmase nunha Diverescola para os/as estudantes de infantil e primaria

Preto de 30 nenos e nenas participaron nunha xornada de sensibilización incluída no programa Capacíta-T Os alumnos/as de infantil e primaria do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño (Malpica) convertéronse onte nos protagonistas dunha nova edición da Diverescola, unha iniciativa promovida por Íntegro, no marco do programa Capacíta-T, para achegar aos máis cativos/as a diversidade

Visítanos recibe a 47 estudantes do CPI As Revoltas

Os talleres de artes manuais e cociña tiveron gran aceptación entre os alumnos/as do centro educativo de Cabana Esta semana o Centro de Recursos de Nantón volveu a abrir as súas portas para acoller unha nova edición de Visítanos!, unha actividade educativa incluída no programa Capacíta-T que está dirixida a concienciar e sensibilizar aos escolares

A Diverescola aterra no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso con xogos e obradoiros de habilidade

Máis de 40 alumnos/as de 3º e 4º de primaria experimentaron a diversidade na súa propia pel    Esta mañá as aulas de 3º e 4º de primaria do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso abriron as súas portas a unha nova edición da Diverescola, a versión máis infantil de Capacíta-T, un programa de sensibilización e

A Diverescola de Íntegro visita o CPI de Zas

Preto de 40 alumnos e alumnas de infantil e primaria participaron no programa de sensibilización e visibilidade de persoas con diversidade funcional Tras as vacacións de Nadal e coas aulas dos colexios da Costa da Morte repletas de escolares, a asociación Íntegro botou a andar unha nova edición do programa de sensibilización e visibilidade de

Íntegro combate o desemprego na Costa da Morte con novas accións formativas

Trátase de cursos de capacitación para persoas con diversidade funcional cofinanciados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo Esta semana coñeciamos as demoledoras cifras sobre a inserción laboral de persoas con diversidade funcional na Costa da Morte facilitadas pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Das preto

Estudantes do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño achéganse á diversidade con Visítanos

O pasado mércores 31 escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria gozaron dunha xornada de convivencia e sensibilización en Íntegro dentro do programa Capacíta-T  Esta semana a asociación Íntegro volveu a abrir as súas portas a escolares da Costa da Morte para acoller a celebración dunha nova edición de Visítanos!, unha actividade educativa

Visítanos! abre a porta da diversidade a estudantes de primaria do CPI de Zas

27 alumnos/as de 4º, 5º e 6 de primaria visitaron o centro de Nantón e participaron en diferentes obradoiros cos nosos usuarios dentro do programa Capacíta-T Esta semana as portas de Íntegro volveron a abrirse para un grupo de escolares da Costa da Morte cos que celebramos unha nova edición de Visítanos!, unha actividade educativa

O CPI de Zas acolle a última xornada da campaña de prevención de lesións medulares

As charlas informativas nos centros educativos de primaria e secundaria regresarán ás aulas tras as vacacións de verán Os alumnos e alumnas de 3º da ESO do CPI de Zas foron os encargados/as de pechar esta semana o ciclo de charlas informativas da campaña de prevención de lesións medulares que a asociación Íntegro levou a

Íntegro inaugura a Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema cunha charla sobre lesións medulares

O presidente Adolfo López Baña desprazouse ata o centro educativo de Baio (Zas) acompañado por un vogal da entidade e unha voluntaria Ante a inminente chegada da temporada estival, a campaña de prevención de lesións medulares está a percorrer os centros educativos da Costa da Morte a un ritmo vertixinoso coa finalidade de concienciar e

Estudantes de 5º de primaria do CEIP Bergantiños achéganse á diversidade con Visítanos!

Durante a visita os alumnos e alumnas realizaron divertidos obradoiros ocupacionais Se hai uns días eramos nós os que visitabamos a un grupo de escolares do IES Monte Neme de Carballo, o pasado venres foron os alumnos e alumnas do CEIP Bergantiños, tamén de Carballo, os que se desprazaron ata as nosas instalacións de Nantón

A campaña de lesións medulares de Íntegro aterriza no IES Monte Neme de Carballo

Os poñentes, Ramón Pombo e David Pombo, insistiron na importancia de evitar prácticas de risco O vicepresidente de Íntegro, Ramón Pombo, e o vogal da entidade, David Pombo, estiveron esta semana de visita no IES Monte Neme de Carballo para dar a coñecer aos alumnos e alumnas de secundaria a campaña de prevención de lesións

O delegado territorial da Xunta en A Coruña destaca o seu compromiso con Íntegro na súa primeira visita á entidade

Ovidio Rodeiro Tato acudiu a Nantón acompañado do alcalde e o concelleiro de Obras e Servizos de Cabana Esta mañá o delegado territorial da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, realizou unha visita oficial ao Centro de Recursos de Íntegro en Nantón (Cabana) para coñecer en primeira persoa o funcionamento da entidade e abordar

Estudantes de primaria e secundaria do CPI Cabo da Area de Laxe achéganse á diversidade con Íntegro

Mentres que os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO participaron na campaña de prevención de lesións medulares, un grupo de 3º ciclo de primaria protagonizou a última edición de Visítanos!   Ambas accións están enmarcadas no programa Capacíta-T, dirixido a sensibilizar e concienciar aos escolares en materia de diversidade e inclusión Cada

Íntegro entra nas aulas do CPI As Revoltas para concienciar sobre a diversidade

O colexio cabanés acolleu unha xornada de sensibilización dirixida a estudantes da ESO e de infantil   Onte en Íntegro saímos á rúa para levar a cabo novas accións formativas de sensibilización incluídas no programa Capacíta-T e o escenario elixido para facelo foi  o CPI As Revoltas, en Cabana de Bergantiños. Nesta ocasión, os alumnos

43 escolares do CEIP Canosa-Rus de Coristanco protagonizan unha nova edición de Visítanos!

Hoxe en Íntegro comezamos a semana coas portas abertas para recibir a un grupo de escolares que se desprazaron ata Nantón para participar nunha nova edición de Visítanos!, unha actividade educativa incluída no programa Capacíta-T coa que a nosa entidade pretende concienciar, educar e capacitar en materia de diversidade aos máis pequenos. Esta mañá 43

Estudantes de Camariñas e da Ponte do Porto protagonizan unha nova edición de Visítanos!

Esta actividade educativa forma parte do programa Capacíta-T que Íntegro imparte aos escolares da Costa da Morte Non podiamos comezar mellor a semana na que se conmemora o Día Internacional da Diversidade Funcional (3 de decembro) xa que onte as portas da Asociación Íntegro volveron a abrirse para celebrar unha nova edición de Visítanos!, unha actividade

A Copa Galicia de Baloncesto Adaptado reunirá en Ponteceso aos mellores equipos da comunidade

Esta mañá presentouse na sala de plenos do Concello de Ponteceso a Copa Galicia de Baloncesto Adaptado, que se disputará o vindeiro sábado no pavillón municipal pontecesán. Trátase dun evento deportivo organizado pola asociación Íntegro en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA) e subvencionado pola Consellería de Política Social, a Deputación da Coruña

Escolares de Camariñas e Ponte do Porto visitan Íntegro da man de CapacítaT

Esta semana non fixo máis ca empezar e xa está sendo do máis moi emotiva e inesquecible para tod@s os que formamos parte da Asociación Íntegro. As razóns sóbrannos! Celebramos a I Xornada Diversidade e Familia coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das persoas con diversidade, presentamos CapacítaT e achegamos a inclusión aos máis pequenos/as.

“CapacitaT pretende cambiar o xeito en que a sociedade mira ás persoas con diversidade funcional”

Adolfo López Baña, presidente da Asociación Íntegro Coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a Asociación Íntegro pon en marcha CapacitaT, un proxecto deseñado para a capacitación da poboación en xeral a través de iniciativas de formación, sensibilización e educación co obxectivo de lograr a plena normalidade e a inclusión das persoas con diversidade.