Centro de Recursos

crecursoÉ un espazo deseñado para atender, informar e asesorar a usuari@s, familiares e público en xeral sobre os programas e servizos que ofrecemos e sobre as axudas e prestacións que existen para as persoas con diversidade funcional. Encárgase da xestión económica e administrativa do centro. As súas instalacións, que datan do ano 2000, albergan o Centro Ocupacional e o Centro de Día. Dende 2011 conta co Certificado de Calidade ISO 9001.

Servizos:

Xestión e administración. Deseño, desenvolvemento e supervisión da actividade económica, administrativa e representativa derivada do funcionamento do centro.

Información e asesoramento para usuarios/as, familiares e cidadáns sobre os diferentes servizos, actividades e trámites que realizamos.

Transporte adaptado. Traslado de ida e volta de usuarios/as dende o seu domicilio ata o centro. Dispoñemos de tres vehículos adaptados e de persoal cualificado para a atención persoal e de control necesarios. Destinado a persoas con mobilidade reducida ou en cadeira de rodas.

Comedor. Menús xenéricos e específicos adaptados ás necesidades alimenticias de cada usuari@.

Escola de familiares. Formación específica ás familias para a xestión e manexo de situacións cotiás conflitivas dentro do fogar.

Planificación e coordinación de eventos. Programación anual de actividades e eventos sociais, culturais e deportivos co fin de involucrar, de forma activa, ós nosos usuari@s e facelos partícipes da actualidade (debates, charlas informativas, celebracións, obradoiros temáticos…). Se queres máis información bota un ollo ao noso calendario.

CALENDARIO