C.M.A. (Costa da Morte Accesible)

CMA

Na Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade das Nacións Unidas, adaptada en Nova Iorque en decembro de 2006,  acordouse en canto á cuestión fundamental da accesibilidade: “que los países identifiquen y eliminen los obstáculos y las barreras de acceso que las personas con discapacidad puedan tener para acceder, en igualdad de oportunidades que las demás personas, a su entorno físico, al transporte, las instalaciones y los servicios públicos, y las tecnologías de la información y las comunicaciones” (artículo 9).

A Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal entende a accesibilidade universal como a condición que deben cumprir as contornas, procesos, bens, produtos e servizos, así como os obxectos ou instrumentos, ferramentas e dispositivos para ser comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade e da forma máis autónoma e natural posible. Presupón a estratexia de “deseño para todos” e enténdese sen os prexuízos dos axustes razoables que deban adoptarse.

A nivel autonómico tamén dispoñemos da  LEI de  ACCESIBILIDADE 10/2014 do 3 de decembro que seguindo os obxectivos da Convención das Nacións Unidas  da Unión Europea elaborou a Estratexia europea sobre discapacidade 2010-2020 co obxectivo de que todas as persoas con diversidade funcional poidan desfrutar dos seus dereitos e beneficiarse plenamente da súa participación na economía e sociedade europea. Esta estratexia identifica oito áreas principais de actuación, a primeira das cales é a accesibilidade aos bens e servizos, e a utilización dos dispositivos de apoio a persoas con discapacidade. En consecuencia, a Lei de Accesibilidade 10/2014 do 3 de decembro, recoñece expresamente que en un entorno accesible e sen barreiras as persoas con diversidade funcional melloran de forma significativa as súas habilidades e autonomía, incrementan a súa participación e autoxestión na vida diaria e social , evitan situacións de marxinación, reducen a dependencia de terceiros e incrementan a prevención de dita dependencia.

Consideramos fundamental que para alcanzar unha inclusión plena a nosa labor non é só o traballar e atender ás persoas e familias que presentan algunha diversidade funcional senón tamén traballar coa comunidade en xeral. Neste senso, é competencia da administración pública apostar por unha sociedade máis xusta e igualitaria para todos/as, que aposte pola accesibilidade universal.

DESCRICIÓN DE C.M.A (Costa da Morte Accesible)

accesibilidade

A área de traballo C.M.A. (Costa da Morte Accesible), xurde como unha área de traballo destinada a estudar, avaliar e promover unha sociedade máis igualitaria en materia de accesibilidade universal no noso contorno, e crear os espazos necesarios para que a sociedade no seu conxunto se conciencie de que a condición de cidadanía é o status conformado polo acceso aos recursos básicos para o exercicio de dereitos e deberes das persoas. A falta de accesibilidade a certos espazos, equipamentos ou servizos, públicos ou privados, pode derivar na limitación de liberdades fundamentais e dereitos civís, como o dereito á educación, á cultura, á vivenda, ao aloxamento, ás actividades recreativas e deportivas, etc. Apostar por un entorno accesible é apostar por unha mellor calidade de vida, na medida en que os equipamentos, servizos e espazos son máis cómodos, máis seguros e máis fáciles de usar por toda a poboación e, polo tanto, promoven a autonomía das persoas.

Falar de accesibilidade é falar de Igualdade de oportunidades. A creación de contornas, programas e ferramentas accesibles fai posible que todas as persoas, independentemente das súas capacidades, poidan acceder a todo tipo de ferramentas e  recursos para o pleno desenvolvemento autónomo da súa vida.

Definimos a ACCESIBILIDADE como a característica que permite que as contornas, os produtos, e os servizos sexan utilizados sen problemas por todas e cada unha das persoas, para conseguir de forma plena os obxectivos para os que están deseñados, independentemente das súas capacidades, dimensións, xénero, idade ou cultura.

Por outro lado, si ben é certo que as melloras en accesibilidade non son imprescindibles para todos/as, tamén é certo que un contorno accesible resulta máis cómodo para todos/as os/as usuarios/as:

  • Unha rampla para acceder en cadeira de rodas é tamén un bo elemento para os escolares con mochilas de rodas, para transportar material de xeito sinxelo, para acceder cun carriño de bebé ou para facilitar o acceso a unha persoa cunha lesión temporal.
  • Un mobiliario fácil de mover permite que se realicen actividades de ocio en días de chuvia e que se poida desprazar para facilitar o seu uso.
  • Un lavabo con suficiente espazo para ser utilizado por persoas con mobilidade reducida é máis fácil de limpar e, polo tanto, ao non quedar espazos inaccesibles, todos/as nos beneficiaremos dunha maior hixiene.
  • Un chan anti-escorregadizo, seco ou mollado, evitará moitos accidentes. Un acceso en pasarelas tamén resulta máis práctico e fácil para todas as persoas.
  • O uso de cores e os seus contrastes pode servir para unha mellor identificación de lugares e obxectos.

Así, un entorno, produto ou servizo accesible debe ser:

  1. Respectuoso: debe respectar a diversidade dos/as usuarios/as. Ningunha persoa se debe sentir marxinada e todas deben poder acceder.
  2. Seguro: non debe supoñer ningún risco para os/as usuarios/as. Polo tanto, todos os elementos que forman parte dun entorno deben estar deseñados tendo en conta a seguridade (chan esvaradío, partes saíntes, dimensións, etc.).
  3. Saudable: non deben constituír ningún risco para a saúde nin ocasionar inconvenientes a aqueles que presentan algunha enfermidade ou alerxia.
  4. Funcional: debe estar deseñado de maneira que se poda levar a termo as funcións para as que foi creado sen ningún problema ou dificultade. Por exemplo, sería absurdo deseñar un centro médico sen ter en conta que o ancho dos corredores debe permitir que se crucen dúas camas ou cadeiras ou que o ancho das portas sexa o axeitado para que poidan acceder.
  5. Comprensible: calquera usuario/a ha de poder orientarse sen dificultade dentro dun determinado espazo. Para elo, é imprescindible:

– que a información sexa clara

– que teña unha coherente e funcional distribución espacial

– que o resultado sexa atractivo para que garanta a mellor aceptación de todos/as

Malia que non nos guste, debemos ser realistas e recoñecer que vivimos, en comparación con outras cidades españolas, moi por debaixo da media nacional en materia de accesibilidade universal. Se utilizamos, por exemplo, como estudo comparativo a accesibilidade ás praias das diferentes costas da península, a Comunidade Valenciana conta con normativas e ordenanzas específicas que van máis alá do papel sendo unha realidade dende hai moitos anos (instalación de puntos accesibles nas praias, itinerarios adaptados,…). Temos que concienciarnos de que aínda nos queda moito por facer nas nosas costas para chegar ao nivel non só de Valencia senón tamén doutras comunidades como a andaluza, onde dispoñen dun Plan Turístico de “Playas divertidas”, cuxo lema é  “Con todo, para tod@s”, e nas que as actuacións para a mellora da accesibilidade son prioritarias de cara a convertelas en espazos de fácil uso para todos e todas.

Esta realidade podémola extrapolar, por exemplo, aos organismos, establecementos, colexios ou instalacións deportivas, entre outras, aínda inaccesibles na súa maioría na nosa contorna.

OBXECTIVO XERAL

O obxectivo principal deste plan é o achegamento máximo á accesibilidade universal.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA ÁREA DE TRABALLO
  • Inclusión das persoas con diferentes capacidades na sociedade facendo realidade a Igualdade de todos/as.
  • Estudar a accesibilidade de cada realidade así como avaliar a eliminación de barreiras urbanísticas e arquitectónicas, de transporte e de comunicación.
  • Asesorar e organizar actividades en materia de accesibilidade e sensibilización da poboación.
  • Deseñar plans específicos de eliminacións de barreiras arquitectónicas en espazos públicos e de interese para a cidadanía.
  • Executar os servizos e obras necesarios en materia de eliminación de barreiras.
  • Concienciar aos concellos para que destinen unha partida orzamentaria para accesibilidade nos próximos PAS e colaborar coa nosa entidade na elaboración de futuros plans municipais de accesibilidade.
  • Esixir, por iniciativa municipal, ademais da accesibilidade en edificios públicos, tamén en establecementos e locais de carácter privado dentro do seu ámbito de actuación.
  • Lograr que os concellos constitúan unha comisión municipal, integrada por técnicos e expertos, para elaborar plans de accesibilidade e mobilidade como elemento prioritario.

Que estamos a facer nestes momentos? Asesorando en materia de eliminación de barreiras e accesibilidade a asociacións de empresarios, concellos e entidades. Participando a nivel de asesoramento e de esixencia coa federación de Anpas para que se implante unha escola inclusiva e accesible.

NOVAS RELACIONADAS CON C.M.A.

Íntegro amplía o parque móbil coa adquisición dun furgón

Dita adquisición está financiada con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea-NextGenerationEU e o apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Xuventude A asociación Íntegro das persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte vén de adquirir un novo vehículo adaptado, con capacidade para nove persoas,

Íntegro lanza unha campaña divulgativa para promover o CMA turismo para todas

Trátase dunha área de traballo orientada a estudar, avaliar e promover unha sociedade máis inclusiva e igualitaria en materia de accesibilidade universal na Costa da Morte  A Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal entende a accesibilidade universal como a condición que deben cumprir todas as contornas,

A accesibilidade nas praias

Sol, calor, area, hamacas, baño no mar…. Achégase o verán e dá comezo a tempada de praias. As persoas somos diversas, e segundo os gustos de cada unha pode agradar máis ou menos desfrutar do ocio nas praias, pero estas, sendo un servizo público, deben estar accesibles para TODAS as persoas. Se nos poñemos a

30 anos camiñando cara a inclusión das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte

Ademais de facer un repaso polas súas tres décadas de historia, a entidade presentou a programación conmemorativa para este 2022  Con motivo da conmemoración do seu 30º aniversario, celebrado o pasado 1 de febrero, a asociación Íntegro deu a coñecer o calendario de actividades que vén de elaborar para este 2022. A presentación tivo lugar

O Concello de Carballo e Íntegro conciencian sobre o aparcamento en prazas de mobilidade reducida

Usuarios/as e representantes da entidade ocuparon varias prazas con cadeiras de rodas e carteis para concienciar á cidadanía sobre a importancia de respectar este tipo de estacionamentos “Son só 5 minutiños”, “Será só un momentiño”, “Volvo nun santiamén”, “Non teño tarxeta… pero non pasa nada, non?”, “Non sabía que aquí non podía aparcar”… Estas son

Íntegro realiza o Camiño Inglés sen saír da Costa da Morte

Trátase dunha curiosa e divertida actividade impulsada pola entidade para promover hábitos de vida saudable e o contacto coa natureza Sumaranse os quilómetros das andainas realizadas pola contorna ata completar os preto de 120 kms que hai desde Ferrol ata Santiago de Compostela. Ao finalizar cada unha das 6 etapas, realizarase unha visita “virtual” polos

Íntegro participará en Carballo na Semana Europea da Mobilidade coa celebración do Día da Accesibilidade  

Levarase a cabo o luns 21 para dar visibilidade aos problemas que sofren a diario ás persoas con mobilidade reducida A entidade súmase así, un ano máis, ao programa de actos que organiza a Concellería de Mobilidade, do 16 ao 22 deste mes, coa colaboración ademais da área de Igualdade, o Club Ciclista Carballo e

Natureza, diversión e aprendizaxe nas novas rutas de sendeirismo de Íntegro

Trátase dunha actividade dirixida a mozos e mozas de 16 a 35 anos, incluída no programa Iniciativa Xove, financiada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia  A vindeira semana, as instalacións de Nantón tamén acollerán un interesante obradoiro sobre as “3R”  A nova realidade imposta tras a pandemia e as

Íntegro amplía o seu servizo de transporte cun novo vehículo adaptado de nove prazas

Para a adquisición da furgoneta, valorada en máis de 42.000 €, a entidade contou coa financiación do AGADER, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e a Xunta de Galicia, a través dos fondos do 0,7% do IRPF 2018 A asociación Íntegro das persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte vén de adquirir un

250 persoas mobilizáronse esta mañá en Ponteceso para esixir a accesibilidade universal

Íntegro e o CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso protagonizaron a única concentración celebrada na Costa da Morte na que tamén participaron varios responsables municipais e numerosos veciños e veciñas Esta mañá usuarios/as, traballadores/as, familiares e directivos/as da asociación Íntegro participaron xunto á comunidade escolar do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso ao completo, o concelleiro de

A Asociación Íntegro e a hostalería de Baio avanzan cara a accesibilidade universal coa Ruta do Pincho Inclusivo

Xa queda menos para o Día da Inclusión, que este ano terá lugar o 6 de maio en Baio, coincidindo co evento comercial “Baio ten a Pelota”, organizado pola Asociación de Empresarios Comarca de Soneira para esa fin de semana. Co lema “Nós tamén temos a pelota” desenvolveremos un amplo programa de actividades dirixidas a