post

Íntegro amplía a súa oferta formativa con catro novos cursos de capacitación laboral

  • Axudante de cociña, auxiliar de almacén, peón de xardín e limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais son as novas especialidades que se impartirán en 2017-2018
  • O programa está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta e o Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo de Galicia 2014-2020

A asociación Íntegro está de parabéns porque o plan de formación do Centro de Recursos de Nantón vaise ver notablemente incrementado durante o período 2017-2018. Esta boa nova chega da man da Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia que vén de concederlle á entidade un programa de axudas, co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) a través do Programa Operativo de Galicia 2014-2020, para a realización de accións sociais e inclusivas destinadas a promover a igualdade de oportunidades para persoas con diversidade funcional da Costa da Morte. E que mellor maneira de facelo que a través da formación e o emprego.

Entre o 2017 e o 2018 Íntegro porá en marcha catro novos obradoiros centrados na capacitación laboral dos seus participantes como medida de mellora na procura dun emprego digno e de calidade. Axudante de cociña, auxiliar de almacén, peón de xardín e limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais (este último xa en marcha) son as especialidades dun programa formativo que será impartido nas instalacións do centro por persoal cualificado e cunha ampla traxectoria docente. Íntegro amplía así a súa oferta de formación para facilitar máis recursos aos colectivos máis vulnerables.

 

Curso en marcha

O que si xa comezou é o curso de “limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais”, tamén incluído no novo plan de formación. Nel están a participar, dende o pasado 3 de xullo, 10 persoas con diversidade funcional da Costa da Morte. As clases teñen unha duración de 208 horas lectivas divididas en catro módulos teóricos, un de prácticas profesionais non laborais e outro de competencias transversais. Entre os obxectivos deste obradoiro, incluído no Programa Operativo de Galicia 2014-2020, está a dotar aos alumnos/as das ferramentas necesarias para realizar as tarefas propias de limpeza e mantemento de superficies, así como mobiliario en edificios e locais, seleccionando as técnicas, produtos e maquinaria necesarios para garantir a súa correcta conservación, hixiene e mantemento, baixo a supervisión do profesional competente, cumprindo coa normativa aplicable en materia de seguridade e saúde.

 

 

post

Íntegro aposta por unha alimentación saudable, tradicional e con sabor para o menú de outono

Parece que chega o mal tempo e que o fará para quedarse! Xa estamos no outono e é época de cambios. Cambio de temporada, cambio de vestiario, de costumes e de hábitos. E tamén toca cambio de alimentación. Por iso, en Íntegro xa mudamos o noso menú para adaptalo á nova tempada. Pratos quentes, sopeiros e de culler, máis ricos en calorías para facer fronte á nova estación, son a nosa proposta para os meses de outubro, novembro e decembro. A quen non lle apetecen unhas riquísimas lentellas ou un bo cocido galego? A nós, si!

outono_16-1Para a elaboración deste menú, ao igual que os anteriores, confiamos no restaurador Félix Castiñeira, propietario da parrillada-restaurante A Pedra (Cabana), e a supervisión de Marta Viña, experta en Nutrición, porque en Íntegro ademais de promover a cociña galega con produtos autóctonos de primeira calidade, tamén apostamos por unha dieta variada e equilibrada que mira pola saúde e o benestar dos nosos usuarios e usuarias. Comida saudable con todo o sabor e a tradición da nosa terra.

img_0551

Nós xa temos todo listo! Mesa e mantel para unha cociña elaborada coa mellor materia prima da Costa da Morte e algúns dos mellores produtos que nos dá o noso invernadoiro, coidado e sementado por nós mesmos/as.

E ti, xa sabes que vas cociñar hoxe? Pois bota unha ollada ao noso menú e escolle o prato que máis che apeteza. Bo proveito!!

Descarga aquí o menú de outono.

MENÚ OUTONO

 

 

 

post

Íntegro clausurou o curso de cociña para mulleres con disCapacidade incluído no PIMD Rural

A Asociación Íntegro clausurou onte o curso de cociña que estivo a impartir no centro de recursos de Nantón dende o pasado mes de maio a mulleres, prioritariamente, con disCapacidade. Esta é a primeira acción formativa levada a cabo a través do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade (PIMD Rural) organizada pola nosa entidade coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

IMG-20160622-WA0079Ao acto de clausura acudiron o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, a directora do centro, Noelia Barreira, ademais de todas as participantes no taller de Tapas e Aperitivos, que estiveron acompañadas pola súa monitora durante a recollida dos diplomas. López Baña destacou a importancia de poñer en marcha máis iniciativas deste tipo “porque a formación é a chave para acceder en igualdade de condicións ao mercado laboral e acadar un emprego digno e de calidade”. Así mesmo, sinalou “a necesidade de ir superando obstáculos e amosar á sociedade as múltiples capacidades que posúen as persoas con diversidade”. Tamén subliñou que este tipo de accións “permite ocupar o tempo de lecer en actividades creativas que fomenten a aprendizaxe e as relacións sociais”. A vindeira semana será a quenda dos obradoiros de Informática e Artes Manuais.IMG-20160622-WA0078

IMG-20160622-WA0076

 

 

 

 

Pola súa banda, os cursos formativos do PIMD Rural iniciados nos concellos de Malpica, LPimd malpicaaxe e Ponteceso, en colaboración cos departamentos de servizos sociais, xa están chegando ao seu ecuador e continuarán ata finais do mes de xullo. En todos os casos, as clases están a resultar moi positivas para as alumnas, entre as que figuran mulleres con e sen disCapacidade. Un éxito de participación que ogallá dea os seus froitos e contribúa a mellorar a formación das usuarias de cara ao mercado de traballo.

post

O programa formativo do PIMD Rural para mulleres con disCapacidade chega xa a catro concellos bergantiñáns

O programa formativo do PIMD Rural está implantado xa en catro concellos da comarca de Bergantiños trala inclusión de Laxe, que se suma tamén ás sedes das actividades do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional, promovido pola Asociación Íntegro coa colaboración do Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Deste xeito, o Concello de Laxe e Íntegro levarán a cabo do 7 ao 12 deste mes un obradoiro de Artes Manuais. Haberá dúas sedes: o localCURSO-ARTES-MANUAIS-cartel1 social de Traba, onde as sesións formativas levaranse a cabo de 09.30 a 11.00 horas, e o local social de Laxe, onde se celebrarán de 11.30 a 13.00 horas. Esta nova actividade do PIMD está cofinanciada pola Unión Europea dentro do programa de “Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade”.

As mulleres con disCapacidade terán preferencia, aínda que a iniciativa está aberta a todas as mulleres. As interesadas poden informarse no departamento de Servizos Sociais de Laxe (981 706 903) ou en Íntegro (981 734 985).

cursos pimd pontecesoEn Ponteceso, en colaboración co Departamento de Servizos Sociais, ao longo deste mes e do vindeiro haberá cursos de Redes Sociais e Internet, Informática Básica e Mecanografía, Cociña: tapas e aperitivos, e Artes Manuais. As mulleres interesadas poden informarse e inscribirse no centro de recursos de Íntegro, en horario de 09.00 a 17.00, ou no Departamento de Servizos Sociais de Ponteceso (981 714 000).

IMG_7328

En Íntegro xa están en marcha, con gran éxito de participación, os novos cursos do PIMD Rural

As mesmas especialidades están en marcha xa dende o mes de maio, e continuarán en xuño, no propio entro de recursos de Íntegro, en Nantón (Cabana).

CURSOS MALPICA PIMD RURAL(3)

En Malpica, en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais e a Secretaria Xeral de Igualdade, tamén se levarán a cabo dúas accións formativas durante os meses de xuño e xullo. No Centro Cívico terá lugar a partir do 9 de xuño un curso de Tapas e Aperitivos, que se celebrará os xoves de 10.00 a 12.00 horas. Na Casa do Oleiro de Buño haberá clases de Informática os mércores, de 10.00 a 12.00 horas, a partir do 8 de xuño. Como no caso anterior, as prazas son limitadas, e terán preferencia as mulleres con algún tipo de diversidade funcional.  As interesadas poden informarse no centro de recursos de Íntegro (981 734 985) ou no Departamento de Servizos Sociais de Malpica (981 720 280).

post

Íntegro realizará cursos de formación para mulleres con diversidade dentro do PIMD Rural

A Asociación Íntegro pon en marcha una nova acción formativa incluída no programa do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional (PIMD Rural), un servizo específico de asesoramento e intervención integral a mulleres no ámbito social, laboral, educativo e cultural que botou a andar o ano pasado grazas a unha subvención do Fondo Social Europeo 2014/2020 e da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Esta iniciativa, que se desenvolverá durante os meses de maio e xuño no centro de recursos de Nantón, consistirá na realización de varios cursos de formación dirixidos, preferentemente, a mulleres con disCapacidade. Deste xeito, preténdese contribuír ao seu desenvolvemento na sociedade, dotándoas de coñecementos necesarios e útiles tanto para a súa vida diaria como para  a mellora do emprego e a plena inclusión.

As persoas interesadas en participar poderán escoller entre unha ampla oferta de materias en fuIMG_4598nción das súas preferencias e/ou habilidades. Para as apaixonadas das novas tecnoloxías o curso sobre Redes Sociais e Internet pode ser a elección perfecta mentres que o de Informática Básica e Mecanografía adaptarase mellor a quen tan só queira iniciarse no complexo mundo dos ordenadores. Para as máis tradicionais tamén haberá talleres de Cociña e Artes Manuais pero con suxestivas novidades e innovacións. A elaboración de tapas e aperitivos ou a creación de orixinais xabóns naturais serán algunhas delas!

Se es muller e estas interesada nalgunha das nosas propostas non tes máis que poñerte en contacto con nós chamando ao 981 734 985, de luns a venres en horario de 9 a 17h. Informarémoste sen compromiso! E se o tes claro non o penses máis e anótate xa, porque as prazas son limitadas.

Dende Íntegro animamos a todas as mulleres con diversidade funcional da Costa da Morte a participar nesta interesante actividade que, de seguro, lles reportará grandes beneficios e importantes avances na súa autonomía persoal e na súa inclusión social.

cursos integro pimd