Formación

A formación promove o crecemento persoal e social, prepara ás persoas para desenvolverse no día a día. Dende Integro asumimos o compromiso de deseñar estratexias que melloren a calidade de vida das persoas con discapacidade, así como da poboación en Xeral.

Servizo:

  • Formación e orientación laboral
  • Prácticas en empresa

Con este servizo apoiamos ás persoas con discapacidade na mellora da súa empregabildade ofrecéndolles formación que dé resposta ás necesidades das empresas da contorna.
Preparamos formación específica con empresas, xestionamos, acompañamos e apoiamos na realización de prácticas formativas.

Creamos formación axeitada ó noso territorio ámbito de intervención.

Coñecemos as capacidades e habilidades das persoas participantes posto que se lles presta unha atención individualizada e un seguemento continuado durante todo o proceso formativo, así como na posterior busca activa de emprego.

Demanda das Empresas

En Integro temos en conta as demandas das empresas da contorna, dos servizos de orientación laboral, así como do noso Centro Especial de Emprego MAIS PORVIR Xestión Social S.L.U.

Programación de cursos

Integro realiza unha programación formativa que oferta a través das redes Sociais, da nosa páxina web, na app Integro, nos servizos de orientación laboral dos concellos limítrofes,…

Estes cursos permitirán a mellora das competencias e a empregabildade das persoas participantes.

Selección de participantes

Ofertámosche os cursos ou talleres máis axeitados ás túas necesidades formativas e posibilidades de inserción laboral.

Recibirás un trato próximo e personalizado, tendo en conta os teus intereses e a túa dispoñibilidade.

Grupos reducidos

A formación realízase sempre en grupos reducidos para adaptarnos ás necesidades das persoas participantes.

Conciliación

Intentamos que poidas compatibilizar a formación coa túa vida persoal e familiar, polo que adaptamos os horarios das accións formativas tendo en conta as necesidades da maior parte das persoas participantes

Prácticas en empresas

Tenemos convenios con varias empresas del sector servicios, transporte, .. para a realización de prácticas. Siempre contando co apoio, acompañamento dun profesional de Integro.

RECORDA

Para participar nas formacións de Integro debes contar con un certificado de discapacidade do 33% ou máis.

NOVAS RELACIONADAS CON FORMACIÓN

Íntegro e Máis Porvir organizan unha xornada formativa arredor da sexualidade e a diversidade funcional sen tabús

A iniciativa, que terá lugar o día 29 no Fórum Carballo, conta co apoio institucional do Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia A asociación Íntegro, en colaboración con Máis Porvir Xestión Social, organiza por primeira vez a xornada “Sexualidade sen barreiras”, un encontro formativo e divulgativo que se celebrará...

Íntegro impulsa o novo programa xuvenil Reacciona para fomentar a reciclaxe e a inclusión social a través de actividades sostibles

Trátase dunha iniciativa subvencionada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude O pasado xoves, a sede da asociación Íntegro (Nantón-Cabana de Bergantiños) acolleu  a presentación do proxecto BOOR, unha iniciativa artística que busca combinar arte e sostibilidade. Durante o obradoiro, impartido pola responsable da empresa, as persoas participantes tiveron a oportunidade de coñecer de preto...

O PIMD Rural reforza a súa atención ás mulleres do rural cun servizo máis integral e maior participación

Trátase dun programa dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, co-financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027 O Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional do Rural (PIMD Rural), impulsado pola...

Aberto o prazo de inscrición para o novo faladoiro da Escola de Familias

Será o venres 13 e tratará sobre os dereitos das persoas con Discapacidade e o papel das familias Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro) e o Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro), a asociación Íntegro organiza un faladoiro xurídico enmarcado na súa Escola de Familias. O evento terá...

Íntegro lanza a nova programación da Escola de Familias

Un faladoiro sobre disfaxia centrará a primeira acción formativa que terá lugar mañá 21 A asociación Íntegro presenta a nova programación da Escola de Familias para o período 2024-2025, unha iniciativa dirixida a proporcionar apoio, formación e espazos de reflexión para as familias interesadas en ampliar coñecementos sobre coidados, inclusión e recursos dispoñibles no ámbito...