Obradoiros

obradoiro1Artesanais: Elaboración manual de artigos

Pintura en escaiola, broches de feltro e iniciación á costura, vimbio, bixutería e complementos, coiro, punto de cruz, tear redondo e ganchillo, velas e xabóns, modelado en barro e madeira.

Temáticos: Elaboración de artigos específicos para datas concretas (celebracións, festividades, épocas estacionais…)

Xaneiro – febreiro: San Valentín, disfraces para o Entroido

obradoiro2Marzo- abril: Día do Pai, agasallos para a Pascua

Maio-xuño: Agasallos para vodas, bautizos e comuñóns, Día da Nai…

Outubro: Decoración outono, disfraces Samaín (31 outubro)

Novembro- decembro: artigos relacionados co nadal para as familias e para a venda ó público. Confección de material para exposición na Feira de Asociacións de Carballo. Magosto en San Martiño.

AVD: aprendizaxe de habilidades para unha maior autonomía persoal

obradoiro_tarefas_fogarFacer a compra, uso do teléfono fixo e móbil, cociñar, coidado e limpeza do fogar, lavado e pranchado, uso dos medios de transporte públicos, utilización do diñeiro.

De hábitos saudables: promover hábitos e condutas axeitadas para unha vida sa e activa. Está adaptado ás capacidades de cada usuario/a polo que a súa duración pode variar. Consta dunha parte teórica e outra práctica, con diversos exercicios e dinámicas.

Sexualidade, nutrición, hixiene persoal, exercicio físico, prevención de drogas, educación viaria, reciclaxe.

Habilidades sociais: con dous niveis de aprendizaxe

Básico: frustración, saúdos e despedidas, recoñecementos dos sentimentos, aprender a dicir NON.

Avanzado: asertividade, capacidades e limitacións, relacións interpersoais, proxectos de vida, actitudes e habilidades para a inserción laboral.

Informática: Destinado a mellorar as habilidades e coñecementos dos usuari@s

obradoiro_informaticaIniciación: Achegamento á informática, crear carpetas, Word, mecanografía, programas de Jclic adaptados

Perfeccionamento: exercicios complexos de Word, traballo con táboas, iniciación ó PowerPoint, ferramentas de busca en Google, aplicacións prácticas de Internet (citas médicas, banca online, viaxes).

Musicoterapia: A través do baile e da música os usuarios/as aprenden novos conceptos

Baile, canto, psicomotricidade, construción de instrumentos musicais con obxectos reciclados, percusión.

Fisioterapia: Exercicios de mantemento diarios

Invernadoiro: Trátase dun obradoiro novo orientado a promover as actividades ao aire libre e en contacto directo co noso contorno

Rego, plantación, semente, abono…

Escola de adultos: encamiñada a facilitar coñecementos de cultura xeral, lectura comprensiva e redacción de textos. Esta actividade aporta seguridade e mellora a autoestima dos usuarios. Hai dous niveis:

obradoiro_escolaBásico: preescritura, destrezas manuais e habilidades básicas de socialización mediante xogos educativos, lecturas e fichas.

Avanzado: impártense materias diversas como lingua, matemáticas, coñecemento do medio e inglés.

Actividade física e deportiva: é unha das actividades preferidas d@s nos@s usuari@s.

A súa práctica diaria activa a resistencia física e elimina a sensación de fatiga. En persoas con mobilidade reducida evita posibles complicacións por inactividade e mantén as capacidades motoras.

Fútbol e baloncesto: este ano dedicámoslle especial atención ás actividades de fútbol e baloncesto ante os bos resultados acadados o ano pasado nos campionatos disputados entre asociacións e nos que volveremos a participar. Pavillón polideportivo de Cabana de Bergantiños.

Mantemento e rehabilitación física.

Natación terapéutica: unha vez á semana na piscina municipal de Cabana de Bergantiños.