Traballamos día a día na inclusión social e laboral de persoas con diversidade funcional a través da defensa dos seus dereitos, da posta en valor das súas capacidades e da eliminación de barreiras tanto físicas como psíquicas. Pretendemos acadar unha sociedade máis xusta, máis digna e capacitada, sen estereotipos nin prexuízos, onde a igualdade de oportunidades sexa unha realidade, non unha utopía. Para conseguilo levamos a cabo un proxecto multidisciplinar dividido en catro áreas de traballo:
SERVIZOS
Atendemos as necesidades que poidan ter as persoas con diversidade funcional, os seus familiares e a sociedade en xeral a través de:
. Infoase, información e asesoramento.
. Fisioterapia, só para soci@s e usuari@s do Centro de Recursos. Cita previa.
. Ximnasio, aberto e gratuíto para soci@s e usuari@s do Centro de Recursos.
.Transporte adaptado, para persoas con mobilidade reducida.
. Servizo de Integración laboral (SIL), Íntegro colabora coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) neste proxecto, que persigue a busca activa de emprego e/ou unha mellora laboral para as persoas con diversidade funcional. Tamén ofrece asesoramento a empresas na adaptación dos postos de traballo para posibles contratacións.
PREVENCIÓN E SENSIBILIZACIÓN
Con campañas de concienciación cidadá en favor da participación activa e a igualdade de condicións na sociedade.
FORMACIÓN
Impartimos cursos formativos sobre diversas materias para acadar a incorporación plena ó mercado laboral.
COOPERACIÓN, PARTICIPACIÓN E LECER
Realizamos actividades socio-culturais ao aire libre para o tempo de ocio e lecer co fin de promover as relacións interpersoais e procurando a participación activa tanto de usuario@s coma de familiares. Apostamos polo traballo en equipo e polo traballo en rede (con outras entidades) grazas á colaboración e participación de tod@s!.