post

A asociación Íntegro reparte calendarios para conmemorar o Día Internacional da Muller

IMG-20150307-WA0013Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, a Asociación Íntegro desenvolveu unha acción informativa para sensibilizar á poboación sobre a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres.

Un grupo de usuarios/as do Centro de Día e do Centro Ocupacional desprazáronse ata os concellos de Cabana e Laxe, neste caso aproveitando a celebración do mercadiño, para repartir entre os veciños, de balde, calendarios conmemorativos e para informar sobre a necesidade de rematar coas desigualdades de xénero, aínda moi presentes na sociedade actual. Todas as mulleres que aparecen no calendario son usuarias de Íntegro, que se suman tamén así a esta xornada reivindicativa.

A iniciativa foi todo un éxito e tivo moi boa acollida entre os transeúntes.