post

Íntegro impartiu en Malpica un novo curso de xardinería para persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco, clausuraron hoxe o curso de xardinería impartido pola asociación Íntegro para persoas con diversidade funcional e/ou en risco de exclusión. Os 10 alumnos, 7 homes e 3 mulleres, recibiron coñecementos teóricos e realizaron as prácticas en dúas zonas axardinadas de Cambre, a que está situada xunto á escola e ao parque infantil e a da praza da igrexa, que ofrecen un aspecto totalmente renovado con plantas axeitadas ao entorno e á época e unha base de grava de ladrillo de Buño, un material que se está estendendo ás distintos espazos verdes do municipio grazas á iniciativa do noso monitor, Miguel Álvarez, que hoxe despediuse dos seus alumnos e alumnas nun emotivo acto no que tamén estivemos representados por Mónica Suárez.

O curso, organizado polo Concello de Malpica en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, permitirá mellorar as posibilidades de inserción laboral dos e das participantes, como lembrou o alcalde, Eduardo Parga. Os asistentes amosáronse moi satisfeitos coa formación recibida. A concelleira Marisol Blanco, pola súa banda, animou aos alumnos e alumnas a seguir preparándose. Neste sentido, o Concello de Malpica leva impartidos entre o ano pasado e este, en colaboración coa nosa asociación, un total de tres cursos de xardinería, que, ademais de formar a persoas con moitas dificultades de inserción laboral, permitiron acondicionar áreas verdes en Buño, Malpica e agora en Cambre.

SAMSUNG CAMERA PICTURES