post

Rematado o Programa de Emprego Xuvenil

Un convenio de colaboración, co-financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, que posibilitou a contratación de tres traballadores/as durante sete meses

O pasado venres rematou o Programa Operativo de Emprego Xuvenil, co-financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (FSE),  e con el finalizou tamén o período de contratación de tres profesionais (1 monitora de ocio e tempo libre, 1 xardineiro e 1 técnica audiovisual) encargados de desempeñar, dende o pasado mes de setembro, unha importante labor en Íntegro proporcionando novos servizos e recursos ás persoas con diversidade funcional da Costa da Morte e as súas familias de cara a súa inclusión social e á consecución dunha vida independente e autónoma. E, tras sete meses de intensa actividade, o balance non podía ser máis positivo xa que se tratou dunha experiencia enriquecedora e moi fructífera a nivel laboral con forte calado emocional. Un recuerdo inesquecible para compañeiros/as e usuarios/as.

_mg_1032

Lucía realizou actividades de ocio e tempo libre cos usuarios/as

Nos últimos meses o Centro de Recursos e o Centro de Día de Íntegro experimentaron un notable incrementou no seu volume de actividades grazas ás novas incorporacións e á súa especialización na programación e desenvolvemento de iniciativas capaces de favorecer a dinamización social e a igualdade de oportunidades do noso colectivo a través da formación, o ocio e o traballo en equipo.

Por outra banda, ditas contratacións forman parte dun programa de cooperación entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e as entidades sen ánimo de lucro, coa que se pretende mellorar a empregabilidade e a inserción profesional de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Dita subvención está co-financiada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Dende Íntegro queremos agradecer e recoñecer públicamente a profesionalidade e trato amable, próximo, respectuoso e sempre agarimoso destes tres grandes traballadores/as e extraordinarias persoas.

IMG_5900

Jessica compaxinou o seu traballo como técnica audiovisual co de monitora informática

_MG_4414

José Manuel encargouse dos invernadoiros e dos xardíns

 

 

 

 

 

 

 

Agardamos que os nosos camiños se volvan a cruzar moi pronto para poder seguir traballando xuntos/as e compartindo experiencias tan fermosas e positivas como as vividas nos últimos meses. Dende a nosa entidade seguiremos apostando pola continuidade deste tipo de  programas cooperativos en beneficio de toda a comunidade. Ata entón, moi sorte e parabéns!