A asociación Íntegro celebrará o vindeiro sábado unha asemblea xeral ordinaria á que están convocados/as todos os socios e socias da entidade. A xuntanza, que foi aprobada pola xunta directiva o pasado 13 de febreiro, terá lugar no Centro de Recursos de Nantón ás 12h en primeira convocatoria e ás 12:30h en segunda. A relación de asuntos a tratar desenvolverase de acordo á seguinte orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Actividades levadas a cabo no ano 2015
3.- Estado contable do ano 2015 e a súa aprobación, se procede
4.- Actividades e orzamentos para o ano 2016 e a súa aprobación, se procede
5.- Rogos e preguntas
Os asistentes que desexen participar na reunión exercendo o seu dereito de voz e voto deberán estar ao corrente no pago da cota anual correspondente ao exercicio 2016, segundo establecen os estatutos vixentes. En caso de non ter o pago domiciliado deberán formalizar o ingreso nas seguintes contas bancarias antes do día 5:
NOVAGALICIA BANCO: IBAN ES03 2080 0075 0330 4000 2407
LA CAIXA: IBAN ES42 2100 5710 8802 0001 3166
Xantar
Unha vez finalizada a asemblea ordinaria, e como xa ven sendo habitual por estas datas, procederase á degustación dun cocido nas instalacións do centro ao que poderán asistir todas as persoas que o desexen. O prezo do xantar será de 12€ para os/as socios/as e de 15€ para o resto de comensais. Debido a que se trata dun espazo reducido o aforo quedará limitado a 60 persoas.
Para máis información os/as interesados/as poden poñerse en contacto coa administración da entidade chamando ao 981 734 985, en horario de 9 a 17h, ou desprazándose ata as súas oficinas situadas en A Pedra, nº 30 – Nantón (Cabana de Bergantiños).
Se queres pasar unha tarde divertida e en boa compañía agardámoste o sábado!