post

Íntegro combate o inverno con menús adaptados

O inverno xa se fixo notar na Costa da Morte e en Íntegro tamén adaptamos o noso menú á nova estación. Cocido, lentellas, caldeiradas, sopas e consomés serán os protagonistas da nosa mesa durante os meses máis fríos do ano. Pratos de culler para combater as baixas temperaturas pero sen descoidar outros produtos locais, de tempada, frescos, saudables e moi ricos en fibra, proteínas e hidratos. Manxares cos que, coma de costume, completamos unha dieta variada, equilibrada e, sobre todo, moi, moi saborosa. Unha aposta pola cociña tradicional que os nosos usuarios e usuarias aprecian e agradecen, igual que o resto de traballador@s, cada vez que se sentan á mesa.

IMG_5610

Pero todo o mundo sabe que o segredo dunha boa mesa sempre está na excelencia da súa cociña e/ou, no noso caso, iso está segurado nas mans da mellor cociñeira, Mónica Suárez. Ademais, para a elaboración dos menús contamos coa estreita e inestimable colaboración do coñecido restaurador Félix Castiñeira, da Parrillada A Pedra, e a supervisión de Marta Viña, experta en nutrición.

Para compensar a inxestión de pratos tan calóricos, propios da época invernal, non queda outra que facer un pouco de exercicio e movemento ao ritmo dunha boa sesión de zumba, e diso a nosa monitora Vanessa sabe moito.

Se queredes coñecer con máis detalle cal será o noso menú para os vindeiros meses ou tomar nota dalgunha suxerencia coa que sorprender as vosas familias non tedes máis que premer no seguinte enlace ou acceder, dende a páxina web, á sección de comedor mediante o apartado O noso día a día.

menú inverno

Bo proveito!

IMG_5628IMG_5632