post

Agasallos con mensaxe para San Valentín

Con Íntegro este San Valentín vaste namorar porque no Centro de Recursos de Nantón xa temos elaborados os agasallos cos que este ano poderás conquistar o corazón da túa parella ou de quen ti queiras. Para mercar algunha das últimas creacións elaboradas polos usuarios e usuarias dos nosos obradoiros ocupacionais só tes que achegarte ata as nosas instalacións en Cabana de Bergantiños ou visitar o stand que instalamos esta mañá no centro comercial Carrefour de Coristanco e que permanecerá aberto ata mañá, en horario de 10:30 a 13:30h.

la foto 1Ao longo desta primeira xornada foron moitas as persoas que se achegaron ata o noso punto de venda coa intención de ver e mercar algunhas das nosas propostas máis innovadoras e solidarias para o Día dos Namorad@s. Sen dúbida, un dos produtos que causou maior sorpresa e admiración entre o público foi a colección de xabóns de glicerina, 100% vexetal, deseñados artesanalmente con motivos exclusivos para sorprender nunha data tan especial. Novidosos, orixinais, únicos, apaixola foto 5nados, económicos e con numerosos beneficios para a saúde, os Bicos de Amora prometen converterse no regalo perfecto para un Cupido ao alcance de todos os petos, xa que por tan só 2,50 € poderás elixir o modelo que máis che guste entre a ampla variedade de formas, cores e olores que hai dispoñibles. Ata o de agora, o preferido está a ser o noso corazón de glicerina.

Para os máis larpeiros/as na nosa mesa tamén hai sitio para os doces, dende os tradicionais bombóns de corazóns ata unhas divertidas piruletas de chocolate en forma de beizos. Tarxetas de felicitación, chaveiros, pulseiras e as clásicas flores de papel completan o abanico de posibilidades que Íntegro che ofrece para o vindeiro día 14. Ademais, este ano todos os nosos produtos teñen un valor engadido porque van acompañados de mensaxes positivas e evocadoras, capaces de namorar a quen os reciba. Só tes que elixir a la foto 3túa! Non deixes pasar a ocasión e achégate mañá ata o noso stand. Os nosos usuarios/as estarán agardando por ti. Tamén podes facer as túas reservas no 981 734 985. Grazas por agasallar solidariedade! la foto (3)

Dende Íntegro tamén queremos agradecer á xerencia do hipermercado Carrefour a súa colaboración para dar visibilidade aos artigos que elaboran os nosos usuarios e usuarias no Centro Ocupacional. Feliz Día de San Valentín!

 

post

Íntegro celebra San Valentín cunha edición especial de agasallos

En Íntegro queremos que este San Valentín sexa moi doce, e por iso os nosos usuarios e usuarias prepararon unha edición especial de agasallos con chocolate, pasteis, cremas e moito amor. Riquísimas piruletas de chocolate con forma de bico, cup cakes de cores en dous tipos de envases e cestiñas de caramelos son algúns dos produtos que tivemos á venda esta semana no centro comercial Carrefour de Coristanco e nas nosas instalacións de Nantón (Cabana de Bergantiños).

CARREFOUR 2

A estancia en Coristanco resultou altamente satisfactoria. De feito, só tiñamos previsto estar en Carrefour o xoves, pero recibimos tan boa acollida que decidimos repetir hoxe. Jessica e María Luisa foron as encargadas de atender o stand e de ofrecer aos visitantes toda a información sobre os agasallos elaborados polos usuarios e usuarias do centro ocupacional, tanto dos doces (cup cakes a 1,50 e 3 euros, piruletas a 2 euros…) coma dos de bixutería (pulseiras a 3 euros, chaveiros, colgantes…). Ademais, agasallaron a todas as persoas que visitaron o posto cunha rosa feita a man nas nosas instalacións, e ofreceron información sobre o centro e as actividades que levamos a cabo.

CARREFOUR 1

Dende Íntegro queremos agradecer á xerencia do hipermercado Carrefour a súa colaboración e as facilidades que nos deron para dar visibilidade aos artigos que elaboran os nosos usuarios e usuarias. Despois desta edición especial de agasallos para o Día dos Namorados xa estamos pensando en novas creacións para Pascua.