Centro Ocupacional

Centro Ocupacional

É un servizo diúrno destinado a mellorar a formación e a capacitación ocupacional das persoas con diversidade funcional coa finalidade de acadar a  súa inclusión laboral e social.  A través deste servizo trátase de dar resposta ás necesidades das persoas usuarias e das súas familias normalizando o acceso ao mercado de traballo e xerando unha maior confianza e autoestima.

As actividades encamiñadas á consecución destes obxectivos divídense en varias áreas: obradoiros ocupacionais ( xardinería , madeira, bixutería..) accións formativas ( informática, competencias básicas e habilidades sociais) actividades de autonomía persoal, práctica deportiva( ximnasia, natación, baloncesto..) e programa de ocio e natureza.