PIMD Rural

pimd-rural-logo

PIMD RURAL (Punto de Intervención para mulleres, maioritariamente, con diversidade funcional do rural)

A Asociación Íntegro desenvolve dende hai anos un programa específico de asesoramento e intervención integral a persoas con diversidade funcional, especialmente mulleres, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.

Co fin de mellorar a nosa actuación e incrementar a colaboración cos servizos de proximidade á cidadanía  creamos o PIMD  Rural (Punto de Intervención a Mulleres, maioritariamente, con diversidade funcional no rural). Neste senso, este ano, beneficiaranse dos servizos do PIMD Rural os concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Malpica e Laxe.

O obxectivo principal deste servizo específico é achegar e aproveitar os recursos técnicos da nosa asociación e poñelos ao servizo de mulleres, maioritariamente, con diversidade funcional pertencentes a diferentes localidades do noso entorno de intervención. Neste senso, é importante destacar a función de colaboración e cooperación que debe existir entre as nosas profesionais e os/as técnicos municipais no labor de detección de casos e no deseño de intervención.  Debe ser unha prioridade das políticas sociais o tratamento da Igualdade de Oportunidades e das lacras asociadas a ela. Partindo desta premisa, debemos ter presente que a muller con discapacidade está dobremente afectada pola desigualdade de xénero e outras discriminacións asociadas. Se traballamos xuntas/os poderemos dar visibilidade a esta realidade e asentar as ferramentas e os recursos necesarios para combatela.

OBXECTIVOS e beneficios da consolidación do PIMD Rural no voso Concello:

  • Establecer colaboración e cooperación entre a nosa entidade e os concellos, especialmente cos servizos sociais comunitarios
  • Mellorar as actuacións previstas nos Plans de Igualdade Municipais a través de actuacións específicas con persoal especializado na atención de persoas con diversidade funcional
  • Incrementar as medidas de loita contra a discriminación e desigualdade de oportunidades que sofre o colectivo de muller con diversidade
  • Planificar e desenvolver accións que faciliten o empoderamento das mulleres con diversidade funcional
  • Promover a información sobre os dereitos e os recursos das mulleres con diversidade, loitando contra a exclusión social e facendo visible estas realidades para alcanzar a normalidade
  • Asesorar e informar sobre os recursos e programas específicos da nosa asociación

PROFESIONAIS que integran o programa:

psicóloga, terapeuta ocupacional, traballadora social e monitora de obradoiros.

logos-unidos

O programa PIMD Rural así como todas as accións que o integran están financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo (FSE). Os seus obxectivos teñen como finalidade fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación na que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade,  dotándoas dunha maior autonomía e independencia de cara á mellora da súa situación persoal, social e laboral e ofrecéndolles unha atención personalizada e especializada para a súa integración na sociedade e no mercado de traballo.

pimd-rural-placas

ACTUACIÓNS PREVISTAS

1-. Información e Asesoramento sobre recursos en materia de diversidade: certificados de minusvalía, tutelas e curatelas, asesoramento en acondicionamento do fogar, accesibilidade universal,  dependencia, etc.

2-. Información e asesoramento sobre aspectos e intereses persoais: posibilidades formativas, posibilidades de ocio e participación social, asesoramento e intervención afectivo-sexual, en materia de maternidade, etc.

3-. Atención psicolóxica e mediación familiar: valoración de necesidades de intervención e de sintomatoloxía asociada, intervención en comunicación e expresión emocional, apoio e atención psicolóxica a coidadoras, apoio na mediación familiar: pautas educativas, resolución de conflitos, detección de relacións abusivas e de maltrato, etc.

4-. Planificación e colaboración no deseño e execución de accións e actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas e de competencias para a mellora da empregabilidade das persoas con diversidade funcional, especialmente das mulleres: obradoiros de habilidades sociais (comunicación, escoita activa, resolución de conflitos), obradoiros pre-laborais (adquisición de habilidades, básicas e instrumentais, para o desempeño de actividades da vida diaria). Entre as básicas estarían a hixiene persoal e os auto-coidados e nas instrumentais, as tarefas do fogar, xestión económica, coidado de outros/as,  arranxos do fogar, etc.

5-. Apoio e colaboración na orientación e intermediación laboral e profesional: busca de emprego, acompañamento, accións destinadas a mellorar a formación (TICS, alfabetizacións, etc.).

6-. Outras actuacións que cubran as necesidades e os intereses da administración e da nosa entidade, como pode ser: apoio na planificación de actividades de sensibilización, asesoramento en política de inclusión social e accesibilidade universal, etc.

En función do tipo de intervención seguirase unha atención individual ou grupal. Debemos ter en conta que o apartado de obradoiros débese estudar de forma conxunta para avaliar as necesidades e recursos de cada acción.

CRITERIOS E REQUISITOS PARA O ACCESO AO PIMD RURAL

Todos os servizos que compoñen o programa están destinados á muller con vulnerabilidade, maioritariamente, á muller con diversidade funcional. Neste senso, convén destacar que estamos suxeitos ás esixencias que marca a Secretaría Xeral de Igualdade (fichas de rexistro e indicadores).

Debemos organizar e concretar as intervencións que imos realizar de forma conxunta.

MODALIDADES DE INTERVENCIÓN:

– Mediante a derivación de usuarias á nosa Asociación.

– A través de visitas domiciliarias, sempre e cando se xustifique esta necesidade.

– A través das citas marcadas no PIMD Rural municipal, un espazo físico nas diferentes localidades que posibilita a atención e coordinación directa coas usuarias e cos/coas técnicos/as dos diferentes servizos do concello.

Con que estamos agora?? Actualmente, ademais das atencións individuais na asociación e nos concellos, estamos executando 4 obradoiros formativos dentro da entidade: Cociña (tapas e aperitivos variados), Redes Sociais, Informática Básica e Mecanografía, e Artes Manuais.

Para os vindeiros meses, tamén hai programadas outras accións de formación nos concellos integrados no PIMD Rural.

Enlaces de interese para mulleres con diversidade funcional

SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE
http://igualdade.xunta.gal/es/departamento/secretaria-xeral-da-igualdade

INSTITUTO DE LA MUJER Y PARA LA IGUALDAD DE OPORTUNIDADES
http://www.inmujer.gob.es/

POR UNHA SOCIEDADE LIBRE DE VIOLENCIA DE XÉNERO
http://www.violenciagenero.msssi.gob.es/

NOVAS RELACIONADAS CO PIMD RURAL

30 setembro: Día da accesibilidade universal

Manifesto Hoxe celebramos o Día da Accesibilidade Universal, unha data que non é só símbolo, senón compromiso. Porque falar de accesibilidade é falar de dereitos, de dignidade e de igualdade real. É falar da sociedade que queremos ser: unha sociedade inclusiva, xusta e aberta, na que todas as persoas poidan participar e vivir en plenitude.

Íntegro recibe a visita da delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo

A asociación Íntegro recibiu esta semana nas súas instalacións de Nantón (Cabana de Bergantiños) a visita da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde do municipio, José Muíño, e polo director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce. A visita enmárcase dentro das accións de seguimento

Íntegro celebrou o Día das Familias poñendo en valor o papel esencial do fogar no camiño cara a inclusión

O pasado sábado 19, a asociación Íntegro celebrou unha nova edición do tradicional Día das Familias, unha xornada marcada pola emoción, o recoñecemento e o sentimento de pertenza. O encontro reuniu a persoas usuarias, familiares, persoal da entidade e representantes da comunidade, consolidándose como un espazo de encontro, reflexión e celebración. Desde primeira hora da

Excelente acollida do obradoiro de busca de emprego do PIMD Rural

A entidade xa está a preparar unha nova edición en xullo debido ao éxito de participación O programa PIMD Rural, que desenvolve a asociación Íntegro coa colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, vén de pechar con éxito un taller de busca activa de emprego por internet, no que participaron

O PIMD Rural reforza a súa atención ás mulleres do rural cun servizo máis integral e maior participación

Trátase dun programa dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, co-financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027 O Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional do Rural (PIMD Rural), impulsado pola