Experiencia piloto “Vida Independente”
Presentámosvos a Toni e Jessi, dúas persoas usuarias de Íntegro, na actualidade parella sentimental, que desde hai seis meses están a participar no proxecto-experiencia piloto “VIDA INDEPENDENTE”, que se está a desenvolver nunha das antigas casas dos Mestres, grazas á cesión realizada polo Concello de Cabana de Bergantiños e o apoio da Fundación LaCaixa, a través da súa sucursal de Baio (Zas).
Esta experiencia piloto, co-financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e Cogami, pretende mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade do rural da Costa da Morte dotándoas de habilidades para levar a cabo unha vida autónoma e independente. Trátase dun recurso baseado na prestación de servizos de proximidade, centrado na persoa e adaptado de forma individualizada a cada usuario/a, tendo en conta os perfís tan similares e á vez dispares, debido ás características da súa discapacidade, principalmente, intelectual.
Desde a asociación, préstaselles supervisión e apoio para a xestión das actividades básicas da vida diaria que, como podedes ver neste vídeo (tamén dispoñible na nosa canle de Youtube), dáselles moi pero que moi ben. Parabéns, parella!
Unha viaxe de contos!
#CANAL YOUTUBE| Xa podes desfrutar na nosa canle de Youtube ou na sección multimedia da nosa web, da segunda entrega do proxecto audiovisual 📹📹 elaborado por Sara Deus Varela, estudante en prácticas de Educación Social, en colaboración cos nosos usuarios e usuarias. A nova historia, titulada “Unha viaxe de contos”, narra as peripecias dun mozo na busca do amor verdadeiro que non te deixará indiferente. Prepara os 🍿🍿 flocos de millo e non perdas detalle das aveturas do noso protagonista. Agardamos que vos guste!
Unha curta pola visibilización!
#CANALYOUTUBE 🎥🎞 | Empregar as novas tecnoloxías para promover as capacidades cognitivas e as habilidades comunicativas das persoas con diversidade funcional é o principal obxectivo do proxecto audiovisual 📹📹 “unha curtametraxe pola visibilización”, elaborado por Sara Deus Varela, estudante en prácticas de Educación Social, en colaboración cos nosos usuarios e usuarias.
Tras longas xornadas de traballo e moitas horas de gravación, aquí tedes a primeira entrega: unha peza única na que ademais de varios retos, poderedes asistir en directo a un obradoiro de 👩🍳👨🍳 cociña e coñecer algunhas das actividades cotiás que realizamos no noso Centro de Recursos. Ah!, e non vos perdades as tomas falsas! Moitas grazas a Sara por escollernos por segundo ano para realizar as súas prácticas universitarias. Agardamos que vos guste!
Actos conmemorativos, saídas, xuntanzas, traballos, entrega de premios… todo o que sempre quixeches ver e non puideches.
Isto é Íntegro en movemento!
Íntegro di NON á violencia de xénero
Vídeo campaña prevención da lesión medular de Íntegro “A ti tamén che pode pasar”
[embedyt] https://www.youtube.com/watch?v=XgMrFxlsDog[/embedyt]