A Asociación Íntegro acollerá este mes a presentación dun libro moi especial, tanto polo seu contido como pola súa autora. Trátase dunha obra de vivencias, de sentimentos e, sobre todo, de diferenzas. De saber atopar na diversidade a inmensa riqueza do ser humano. Trátase de “La mirada de Ángel”. Diario de la madre de un niño con autismo, que narra en presente, a través dunha visión retrospectiva, as experiencias vividas ao longo das diferentes etapas de crecemento do seu fillo, Ángel. Un libro xa coñecido pol@s usuari@s e o persoal docente do centro grazas a unha visita da súa autora o pasado mes de febreiro.
Nesta ocasión, María Luisa Fernández, escritora e nai do protagonista, visitará as nosas instalacións para amosar a súa obra nun acto aberto ao público e de balde, polo que poderán asistir todas as persoas que o desexen. Será o vindeiro día 31, ás 11:00 horas. Sen dúbida, unha oportunidade única de escoitar, da súa propia voz, a mensaxe de optimismo e realismo que pretende transmitir con este libro ademais de conversar e intercambiar impresións sobre o resultado dun proxecto que xorde cando o seu fillo tiña dous anos e medio e prolóngase ata a súa idade adulta.
La mirada de Ángel, é a transcrición de centos de cartas marabillosas dunha nai ao seu fillo nas que describe as súas vivencias e as da súa familia, as etapas, as alegrías e as penas, os logros e as barreiras polas que pasan moitos nenos e nenas con diversidade funcional.
María Luisa Fernández (Bilbao 1957) é nai de dous mozos: Sofía, responsable e sensible, e Ángel -protagonista do libro-, alegre, de bo carácter e con diversidade funcional (lesión cerebral e autismo). Está vencellada a Aspanaes e á Fundación Autismo Coruña. Comprometida cos seus valores, foi durante oito años secretaria do padroado da fundación tutelar. La mirada de Ángel intenta recoñecer o valor e a dignidade das diferenzas, mirando con naturalidade e transparencia, sen medos nin prexuízos, igual que mira un nen@.
Se queres adiantarte á presentación podes botarllle un ollo ao libro publicado por Ediciones del Viento. Os beneficios obtidos pola súa venda destinaranse íntegramente a proxectos para a inclusión social da Asociación Aspanaes e a Asociación Participa.