O sábado 6 de xuño foi un día de moitísima actividade no centro de recursos da Asociación Íntegro. Despois das asembleas ordinaria e extraordinaria máis concorridas dos últimos tempos, usuarios, familias e traballadores gozamos da nosa Festa do Socio, na que non faltaron nin a música nin a gastronomía.
O equipo de cociña que lidera Mónica Suárez, e que nesta ocasión estivo reforzado por boa parte da plantilla e algún que outro colaborador, recibiu numerosas felicitacións polo menú: empanada, ensaladilla, churrasco e un delicioso variado de doces composto por pastel de améndoa, flan de chocolate e pastel de queixo.
O tenente de alcalde de Malpica, Miguel Fernández, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco, acompañáronnos nesta entrañable xornada.
Moitísimas grazas a todas e todos!