post

Íntegro pecha as súas portas e súmase ao reto #Euquedonacasa para conter o Coronavirus

Con motivo da crise sanitaria provocada polo COVID-19, e seguindo as indicacións das autoridades sanitarias para previr a propagación do Coronavirus, as instalacións da asociación Íntegro permanecerán pechadas ao público ata novo aviso sumándose así ao reto #Euquedonacasa, unha medida que apela ademáis á responsabilidade social e á  solidariedade de toda a poboación.

Se precisas poñerte e contacto co centro nos vindeiros días, non dubides en chamar ao 981 734 985, en horario de luns a venres e de 09.00 a 17.00, enviar un correo electrónico a info@integro.es ou unha mensaxe a través da nosa app de bandomovil

Ademais das medidas adoptadas no día de onte, o Consello da Xunta vén de declarar a situación de emerxencia sanitaria no territorio da comunidade autónoma, o que suporá a entrada en vigor das seguintes medidas:

  • Peche de bares, restaurantes e cafeterías, permitindo só os servizos a domicilio e a recollida de pedidos no local antendo sempre a distancia de seguridade. Isto non afectará aos establecementos hoteleiros nin aos comercios minoristas de alimentación e produtos de primeira necesidade (froiterías, carnizarías, peixarías, panaderías, farmacias, gasolineiras, quioscos e tendas de alimentación).
  • Peche de cines, teatros, establecementos de xogo, auditorios, recintos feirais, salas de concertos, establecementos de ocio e entretemento, centros de ocio infantil, ximnasios, piscinas, albergues do Camiño de Santiago, pavillóns e todo tipo de servizos deportivos.
  •   Nas grandes superficies só permanecerán abertos ao público os establecementos de alimentación e 1ª necesidade.
  •  Nos funerais, o aforo máximo será de 1/3 da capacidade e 25 persoas como máximo para o acompañamento do cortexo fúnebre.
  • Activación dun plan de emerxencia territorial, presidido polo titular da Xunta, coordinado co Goberno central tras a declaración de estado de alarma.

Quedar na casa e seguir as recomendacións sanitarias é a mellor maneira de axudar a conter o virus. E para informarte, consulta sempre fontes oficiais. Lembra que a web coronavirus.sergas.gal está á disposición dos cidadáns para resolver calquera dúbida mentres que o teléfono 900 400 116 debe ser empregado unicamente por aquelas persoas que teñan síntomas que se axusten ao coronavirus e o 061 quedará reservado en exclusiva para as urxencias médicas. Sé responsable e colabora! 

#Euquedonacasa #Súmateaoreto #séresponsable #colabora #dependedetodos #STOPCoronavirus #solidariedade #EnÍntegrosumámonosaoreto