O pasado 1 de febreiro, a asociación Íntegro celebrou o seu 30º aniversario. E para celebrarlo por todo o alto, ao longo do ano veu realizando numerosas actividades (charlas, concursos, encontros, xornada de portas abertas…) enmarcadas nun programa conmemorativo que foi posible levar a cabo grazas á colaboración de máis de 30 patrocinadores, na súa maioría empresas da Costa da Morte, instituciones públicas (Xunta de Galicia, Deputación da Coruña) e organizacións sociais sen ánimo de lucro como a Fundación “La Caixa”. A súa axuda e apoio permanente son decisivos para converter en realidade o soño da inclusión. GRAZAS, sempre!!
Se aínda non sabes quen son, bota un vistazo e non perdas detalle. Aquí contámoscho todo sobre os nosos patrocinadores!
Patrocinio PLATINO:
Autocares J.Pombo é unha empresa de carácter familiar con máis de 75 anos de vida. Na actualidade, segue fiel ás súas orixes, mantendo viva a mesma filosofia e solidez que marca unha tradición de varias xeracións. |
|
Desde as súas orixes en 1989, Elías Asesores ofrece asesoramento integral a particulares, pero tamén presta apoio e xestión a pequenos emprendedores, asociacións, colectivos sociais, autónomos e pequenas sociedades. A súa alta capacidade e vocación de servizo valeulle en 2009 a obtención do certificado de calidade ISO 9001, un caso único en toda a Costa da Morte dentro do sector das xestorías-asesorías. O seu ámbito de influencia comprende as comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra e Xallas, nas que traballan diferentes profesionais coa finalidade de comprender e interactuar co cliente ata lograr a súa plena satisfacción. |
|
A Fundación ”la Caixa” xestiona a Obra Social que historicamente caracterizou a ”la Caixa”, grupo financieiro líder en banca minorista en España. En colaboración con centos de entidades e miles de voluntarios/as, desenvolve un importante labor loitando contra a pobreza e a exclusión, impulsando a investigación médica de excelencia, poñendo a cultura ao alcance de todos e todas e mellorando a educación dos máis cativos. |
Patrocinio OURO.-
Autocares Costa é unha empresa familiar dedicada ao transporte de viaxeiros e mercadorías dende hai máis de 50 anos. Ten a súa sede en Baíñas (Vimianzo) e en Santa Comba. Calidade, profesionalidade e proximidade son os auténticos motores desta compañía. |
|
Entretendo S.L. foi creada no ano 2017 e dedícase á creación de contido audiovisual para as súas propias redes sociais, pero tamén para empresas e particulares. Conta cun canal de TIKTAK Draw con máis de 10 millóns de subscritores, no que ademais elaboran contidos para promocións de empresas e/ou eventos particulares. |
|
Ganadería Os Loureiros é unha explotación intensiva de gando vacún. Na actualidade, trátase dunha das máis grandes da contorna, dando emprego directo a 9 persoas da zona de Vimianzo, e indirecto a máis de 30. Procuran sempre o benestar animal para así obter un leite de gran calidade. |
|
Fundado en 1981, Rio Sil Asador é todo un referente gastronómico con máis de 30 anos de historia, que continúa apostando por unha cociña sinxela pero actualizada, baseada no respecto pola materia prima para procurar os sabores auténticos. O seu segredo radica en tratar con detalle, tempo e mimo cada un dos seus pratos. |
|
Yáñez é o concesionario oficial de Volkswagen para a provincia da Coruña con instalacións en Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Carballo. |
Patrocinio PRATA.-
Desde Sysdegal cubren todas as necesidades dos seus clientes, garantizándolles maior confort nas súas instalacións, un asesoramento personalizado e unha evaluación exhaustiva de cada caso. Ademais, o servizo está garantido nun prazo aproximado de 24 h. |
|
Artefogo Pirotécnia é unha empresa dedicada á fabricación, realización, deseño e disparo de todo tipo de espectáculos pirotécnicos. |
|
Fundada en 1989 por Vicente Domínguez e a súa muller, Ana Isabel Rey, Productos Cárnicos Domínguez dedícase á fabricación de embutidos artesáns ademais de todo tipo de carne. O produto estrela son os chourizos, fabricados dunha maneira única: afumados con leña de roble como antigamente. Tamén contan cunha liña de 16 produtos naturais, sen aditivos nin colorantes, entre os que destaca o xamón, a paleta asada, as hamburguesas e os curados celta. Así mesmo, comercializan carne de vaca cachena certificada como autóctona. Unha gran flota de vendedores e comerciais encárgase de levar a materia prima ás tendas, restaurantes, colexios… da provincia da Coruña. O cliente pode realizar os seus pedidos a través de operadoras telefónicas e na propia tenda online. |
|
As construcións de Marcos Carreira, S.L. aséntanse principalmente na calidade dos materiales empregados, na optimización da distribución de espazos sobre o proxecto e, sobre todo, no respecto dos prazos de entrega en tempo e forma, xunto co servizo de asesoramento continuo aos seus clientes. cabe destacar que todas as súas obras non só cumpren coa normativa europea ISO, senón tamén con algunhas outras aínda pendentes de aprobación. |
|
JFidalgo leva máis de 15 anos dedicada á construción e impermeabilización de cubertas, fachadas e terrazas na nosa comunidade autónoma e, especialmente na provincia da Coruña. Seriedade, compromiso, confianza e garantía de calidade son a seña de identidade desta empresa situada no lugar da Pereiriña, no Concello de Cee. |
|
Automóviles Dimolk, S.L. é o concesionario oficial Peugeot en Carballo. O Grupo Dimolk segue en constante crecemento desde a súa fundación no ano 1984. Na actualidade conta con 4 concesionarios na provincia da Coruña (Dimolk en Carballo, Dimonorte en Santiago, Tumosa na Coruña e Nissan Antamotor en Carballo, A Coruña e Ferrol). |
|
Ferretería Arán conta con máis de 60 anos de experiencia no sector. A 3ª xeración capitanea xa esta empresa carballesa dedicada ao comercio da ferretería profesional e especializada en ferraxes. |
|
Desde Fisioterapia Eva Senande, en Canduas-Cabana, lévanse a cabo diferentes tipos de tratamentos, tanto de rehabilitación como de prevención. |
|
Desde hai máis de 30 anos, a estación de servicio Gasuma dedícase á venda de combustible para vehículos nas súas instalacións de A Pedra, en Nantón – Cabana. Posteriormente, incorporou a distribución de combustibles de calefacción e automoción a domicilio. Ademais destes servizos, dispón de tenda e cafetería, lavados manuais, aspirado e lavado automático de coches de ultima xeración, así como venda de butano. |
|
A orixe de Ler librerías remóntase a principios dos anos 80 coa apertura dunha pequena librería de 30 m2 nunha localidade rural de apenas 5.000 habitantes. Coa ilusión e con eficaces estratexias comerciais, Isabel Ares apostou por crear afección pola lectura, contando nestes momentos cunha das 10 maiores cadeas de librerías de España. |
|
Montajes Eléctricos López Pose é unha empresa dedicada desde 2007 a ofrecer servizos de electricidade e iluminación, calefacción e telecomunicacións coa máxima eficiencia e rofesionalidade. Fundada por Gonzalo López, está especializada na creación de proxectos industriais e civís, contando cun amplo número de obras espalladas por toda a comunidade autónoma. |
|
Seguindo a longa tradición dunha muller costureira, Modas Suárez instálase en Carballo no ano 1993 como un comercio de textil orientado a señoras de mediana idade, logrando atraer tamén a numeroso público máis novo. A día de hoxe, segue combinando a venda cos arranxos da roupa a prezos accesibles para todos os petos. |
|
A Parrillada e Catering A Pedra é un restaurante con máis de 35 anos no sector. As súas especialidades son o polbo á brasa, o churrasco e o risotto. Ofrece menú do día e dispón de terraza, estacionamento para clientes e conexión wifi. Ademais, ofrece catering para eventos. |
|
Alquileres Reneymar nace en Carballo en decembro de 1994. Na actualidade, as súas instalacións atópanse no polígono industrial de Bértoa. A súa principal actividade é o aluguer de maquinaria e equipos de construcción xunto coa venda de ferramentas e equipos de protección laboral. O seu cadro de persoal está formado por un equipo de 14 persoas distribuídos nos diferentes departamentos de administración, loxística, vendas e mantemento. Dispoñen de servizo de transporte propio. |
|
Abogadas Cee adícase ao asesoramento empresarial abarcando todas as ramas do dereito agás o fiscal. |
Patrocinio BRONCE.-
Grupo Benedicto, máis coñecido como Comercial Benedicto, é unha empresa familiar que bota a andar no ano 1997 en Vimianzo para dar un servicio ao sector agrícola. Co paso do tempo, foron ampliando servizos e especializáronse tamén no deseño, creación e mantemento de xardíns. Ademais, ofrecen unha ampla oferta ao por menor de sementes, abonos, flores, plantas e pequenos animais domésticos, e todo o necesario para o seu coidado. |
|
Agro-forestal Ures Torrado leva máis de dúas décadas dedicándose á venda e reparación de maquinaria de xardín, agrícola e forestal. É distribuidor oficial e servicio técnico de Husqvarna e Iseki. Abarca toda a Costa da Morte e a zona norte da Coruña. Ofrece atención e asesoramento personalizado ao cliente. |
|
Europlas Carpintería de PVC é unha empresa ceense especializada nese tipo de material, que se utiliza na elaboración de mobles, ventás, portas, persianas, separadores de ambientes, e, en definitiva, calquera tipo de accesorio ou produto ao que poida dar forma. |
|
Farmacia Pose. Desde Santa Comba, Maria Pose S.L. centra os seus esforzos en mellorar a saúde dos seus clientes. Licenciados en óptica e farmacia, tamén son especialistas en parafarmacia, ortopedia e aparatos auditivos. |
|
Vértebra é un centro de fisioterapia especializado no campo da fisioterapia infantil, solo pelviano, neuroloxía, ATM, pilates para embarazadas e fisioterapia do deporte. Está integrado por tres fisioterapeutas que levan 10 anos mellorando a vida dos seus pacientes. |
|
Desde hai 33 anos, a imprenta e publicidade San Cristóbal adícase ás artes gráficas en xeral: agasallos publicitarios, roupa laboral e todo tipo de rotulacións. Entre os seus principais logros, destaca “seguir estando aí para dar o mellor servizo ao cliente”. Realizan traballos para toda a provincia da Coruña, e especialmente para a Costa da Morte. Ofrecen un servizo integral capaz de cubrir todas as necesidades dunha empresa. |
|
Oficina Técnica PK15 é un estudio de arquitectura e urbanismo, situado en Malpica, que realiza proxectos, dirección de obra, certificacións enerxéticas, inspeccións técnicas de edificios, rehabilitacións, particións hereditarias, parcelacións, topografía catastro, tasacións, xeometría… O seu ámbito de influencia abarca toda a Costa da Morte. |
|
Prohigan é unha empresa familiar que dende hai máis de 20 anos dedícase á distribución e venda a domicilio de productos de hixiene para o ordeño (deterxentes, celulosas, selladores, desinfectantes…); leites maternizadas, complementos vitamínicos e minerais para as gandeirías; hixiene industrial (desengrasantes carrocerías, limpiadores aluminio, xeles mecánicos…) e hostelería- fogar (deterxentes, lavavaixelas, xel de mans…). Ademais é distribuidor de estruturas metálicas Easy Covering: estruturas metálicas alixeiradas para almacenaxe, naves ganaderas, talleres mecánicos… Conta con rutas de venda fixas, visitando unha vez ao mes aos seus clientes para prestarlles unha atención e asesoramento constante e personalizado. A confianza e o servicio inmediato son, sen dúbida, o seu selo de identidade. |
|
Muebles Sambade é unha empresa familiar que abriu as súas portas en 1977, converténdose por dereito propio nun referente no sector do moble, os complementos e a decoración. Na actualidade, conta cunha ampla variedade de estilos para que todos os seus clientes atopen o moble ou peza decorativa que están a buscar e que mellor se adapte aos seus gustos e necesidades. Todas as súas tendas, repartidas por toda a provincia da Coruña (Camariñas, Muxía, San Cibrao das Viñas, Vimianzo, Ferrol e Carballo) gozan da máxima confianza e fidelidade dos seus clientes, que encontran na súa firma as últimas tendencias do sector. |