post

O programa formativo do PIMD Rural para mulleres con disCapacidade chega xa a catro concellos bergantiñáns

O programa formativo do PIMD Rural está implantado xa en catro concellos da comarca de Bergantiños trala inclusión de Laxe, que se suma tamén ás sedes das actividades do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional, promovido pola Asociación Íntegro coa colaboración do Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Deste xeito, o Concello de Laxe e Íntegro levarán a cabo do 7 ao 12 deste mes un obradoiro de Artes Manuais. Haberá dúas sedes: o localCURSO-ARTES-MANUAIS-cartel1 social de Traba, onde as sesións formativas levaranse a cabo de 09.30 a 11.00 horas, e o local social de Laxe, onde se celebrarán de 11.30 a 13.00 horas. Esta nova actividade do PIMD está cofinanciada pola Unión Europea dentro do programa de “Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade”.

As mulleres con disCapacidade terán preferencia, aínda que a iniciativa está aberta a todas as mulleres. As interesadas poden informarse no departamento de Servizos Sociais de Laxe (981 706 903) ou en Íntegro (981 734 985).

cursos pimd pontecesoEn Ponteceso, en colaboración co Departamento de Servizos Sociais, ao longo deste mes e do vindeiro haberá cursos de Redes Sociais e Internet, Informática Básica e Mecanografía, Cociña: tapas e aperitivos, e Artes Manuais. As mulleres interesadas poden informarse e inscribirse no centro de recursos de Íntegro, en horario de 09.00 a 17.00, ou no Departamento de Servizos Sociais de Ponteceso (981 714 000).

IMG_7328

En Íntegro xa están en marcha, con gran éxito de participación, os novos cursos do PIMD Rural

As mesmas especialidades están en marcha xa dende o mes de maio, e continuarán en xuño, no propio entro de recursos de Íntegro, en Nantón (Cabana).

CURSOS MALPICA PIMD RURAL(3)

En Malpica, en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais e a Secretaria Xeral de Igualdade, tamén se levarán a cabo dúas accións formativas durante os meses de xuño e xullo. No Centro Cívico terá lugar a partir do 9 de xuño un curso de Tapas e Aperitivos, que se celebrará os xoves de 10.00 a 12.00 horas. Na Casa do Oleiro de Buño haberá clases de Informática os mércores, de 10.00 a 12.00 horas, a partir do 8 de xuño. Como no caso anterior, as prazas son limitadas, e terán preferencia as mulleres con algún tipo de diversidade funcional.  As interesadas poden informarse no centro de recursos de Íntegro (981 734 985) ou no Departamento de Servizos Sociais de Malpica (981 720 280).