post

Íntegro renova os sistemas de seguridade con cargo ao programa FOIE 2024 da Deputación da Coruña

A convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de servizos sociais tamén posibilitou a instalación de novo mobiliario e a adquisición dunha grúa 

No centro de recursos Íntegro seguimos a traballar na mellora das nosas instalacións para adaptalas ás necesidades dos nosos usuarios e usuarias. Así, neste 2024 vimos de executar unha serie de obras con cargo á convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de servizos sociais no ano 2024 (FOIE 2024) da Deputación da Coruña.

Dentro do programa “Equipamento do centro ocupacional Íntegro”, o ente provincial realizou unha aportación de 20.160 €, que foi investida na instalación de mobiliario para o noso centro ocupacional, a adquisición dunha grúa e a optimización dos sistemas de seguridade.

A asociación Íntegro é unha entidade social sen ánimo de lucro que desde 1992 promove a inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte. Na actualidade, conta cun Centro de Día e un Centro Ocupacional que prestan servizo a 45 persoas das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra. A entidade está integrada na Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e forma parte da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE).