A xuntanza terá lugar no Centro de Recursos de Nantón, en Cabana de Bergantiños, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e tras a celebración da asemblea ordinaria
A asociación Íntegro celebrará este sábado 22 a súas asembleas xerais anuais: a ordinaria e a extraordinaria, ás que están convocados/as todos os socios e socias da entidade. A primeira delas, terá lugar no Centro de Recursos de Nantón, en Cabana de Bergantiños, a partir das 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11:00 horas en segunda. A relación de asuntos a tratar na asemblea ordinaria desenvolverase de acordo á seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
- Actividades levadas a cabo no ano 2023
- Estado contable do ano 2023 e a súa aprobación, se procede
- Actividades e orzamentos para o ano 2024 e a súa aprobación, se procede
- Rogos e preguntas
A continuación, procederase á celebración da asemblea xeral extraordinaria que conterá os seguintes puntos:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
- Presentación, elección e nomeamento da nova Xunta Directiva e a súa ratificación (para ser candidato/a, débese cumprir cos estatutos da entidade).
- Modificacións estatutarias
- Rogos e preguntas
Ata o mércores 19, ás 14.00 horas, permanecerá aberto o prazo para a presentación de candidaturas á elección da nova Xunta Directiva. Segundo os estatutos vixentes, as persoas que desexen participar nas xuntanzas, exercendo o seu dereito de voz e voto e beneficiándose dos descontos para socios/as, deberán estar ao corrente no pagamento da cota anual correspondente ao exercicio 2024.