post

Íntegro celebra un mercado de Nadal con agasallos artesanais e solidarios

Xa estamos en tempo de Nadal e en Íntegro queremos celebralo con todos vós. Por iso, o vindeiro venres, día 23, as portas da nosa entidade abriranse ao público nunha xornada de portas abertas na que organizaremos un mercado solidario con produtos artesanais elaborados polos usuarios e usuarias do Centro Ocupacional de Nantón no que non faltarán os tradicionais xabóns de glicerina 100% vexetal da nosa colección Bicos de Amora así como varios artigos doados por outras entidades sociais e particulares que decidiron colaborar así con nós na recadación de fondos benéficos para o financiamento de novos programas e servizos para persoas con diversidade funcional da Costa da Morte.

_mg_2769De 10 da mañá a 2 da tarde, o noso centro converterase nun gran escaparate ddecoracion-tellae nadal onde os visitantes poderán coñecer e mercar algunhas das últimas creacións artísticas confeccionadas en escaiola e pintadas e personalizadas polos alumnos/as do obradoiro de artes manuais. Tamén haberá pezas de bixutería con deseños únicos e moi orixinais que non pasarán desapercibidos.

A nosa proposta de agasallos para estas datas completarase coa venda de varias obras de arte doadas pola Asociación Participa para la Inclusión Social de A Coruña que, de xeito xeneroso e altruísta, quixo contribuír coa cesión de _mg_2990varios lenzos realizados polos seus usuarios/as. Así mesmo, a escritora coruñesa e autora de La Mirada de Ángel, María Luisa Fernández, tamén aportará o seu gran de solidariedade coa doazón de varios exemplares do seu libro no que  narra as súas propias vivencias, como nai dun fillo con diversidade funcional, para transmitir unha mensaxe de forza e superación.la-mirada-de-angel

Por outra banda, todas as persoas que se acheguen a visitar o noso mercado de nadal poderán aproveitar a súa estancia en Nantón para coñecer de preto as nosas instalacións e gozar da decoración típica destas datas realizada polos usuarios/as de Íntegro.

Dende a asociación queremos animar a nenos/as e adultos a participar neste evento ao que tamén están convidadas as súas Maxestades de Oriente e o noso queridísimo Apalpador, por se desexan adquirir algún agasallo de última hora e encher de solidariedade as súas sacas para este nadal. Se aínda non tes elaborada a túa carta ou queres darte un pequeno capricho está será unha boa oportunidade para facelo porque colaborar cunha boa causa custa moi pouco pero vale moito. Agardámoste!

mercadode-nadal