post

“ESTE É O COMEZO DE TODO O QUE TI QUEIRAS”

Así reza este ano a foto de familia coa que Íntegro felicita o Nadal 

Din que a Lotaría do Nadal marca o comezo das festas. E nós non queriamos deixar pasar este día sen celebralo con todos/as vós coa tradicional foto de familia para desexarvos que pasedes un bo Nadal en compañía dos vosos familiares e amigos. Pero hoxe as nosas palabras non son só de felicitación senón tamén de agradecemento. Dende Íntegro, tamén queremos darvos as grazas polo voso apoio incondicional e pola confianza depositada en nós. Grazas por acompañarnos en cada acto, por mercar os nosos produtos, por darnos forzas nos momentos difíciles, por crer en cada un dos nosos proxectos e por axudarnos a empuxar sempre cara adiante para facernos máis visibles e loitar por unha sociedade moito máis plural, igualitaria, diversa e inclusiva onde as persoas con diversidade funcional poidan vivir libres, en igualdade de condicións e oportunidades que as demais, establecendo os seus propios límites e superando as barreiras que elas mesmas decidan poñer.

Mercado de Nadal

mercadode-nadalA todos/as os que formamos parte da asociación gustaríanos darvos as grazas persoalmente e trasladarvos os nosos mellores desexos para estas datas tan sinaladas. Por iso, queremos convidarvos a acudir mañá, venres, á celebración do mercado de Nadal que terá lugar no Centro de Recursos de Nantón, de 10 a 14h. Será unha oportunidade única para realizar as vosas compras máis solidarias e visitar as nosas instalacións nunha xornada de portas abertas na que, ademais, poderedes comprobar a orixinal decoración que adorna o centro nestas datas de Nadal.

O mercado solidario estará repleto de produtos artesanais elaborados polos usuarios e usuarias do Centro Ocupacional de Nantón no que non faltarán os tradicionais xabóns de glicerina 100% vexetal da nosa colección Bicos de Amora así como varios artigos doados por outras entidades sociais e particulares que decidiron colaborar con nós na recadación de fondos benéficos para financiar novos programas e servizos para persoas con diversidade funcional da Costa da Morte._mg_2769

Ao longo da mañá, os visitantes poderán pasear polo noso particular escaparate de Nadal para coñecer e mercar algunhas das últimas creacións artísticas confeccionadas en escaiola e pintadas e personalizadas polos alumnos/as do obradoiro de artes manuais. Tamén haberá pezas de bixutería con deseños únicos e moi orixinais que non pasarán desapercibidos.img-20160323-wa0018

A nosa proposta de agasallos para estas datas completarase coa venda de varias obras de arte doadas pola Asociación Participa para La Inclusión Social de A Coruña que, de xeito xeneroso e altruísta, quixo contribuír coa cesión de varios lenzos realizados polos seus usuarios/as. Así mesmo, a escritora coruñesa e autora de La Mirada de Ángel, María Luisa Fernández, tamén aportará o seu gran de solidariedade coa doazón de varios exemplares do seu libro no que  narra as súas propias vivencias, como nai dun fillo con diversidade funcional, para transmitir unha mensaxe de forza e superación.

Dende a asociación animámosvos a participar neste evento ao que tamén convidamos as súas Maxestades de Oriente e o noso queridísimo Apalpador, por se desexan adquirir algún agasallo de última hora e encher de solidariedade as súas sacas para este Nadal.

Se aínda non tes elaborada a túa carta ou queres darte un pequeno capricho está será unha boa oportunidade para facelo porque colaborar cunha boa causa custa moi pouco pero vale moito. Vémonos mañá!

BOAS FESTAS!!!

boas-festas