A Asociación Íntegro pon en marcha una nova acción formativa incluída no programa do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional (PIMD Rural), un servizo específico de asesoramento e intervención integral a mulleres no ámbito social, laboral, educativo e cultural que botou a andar o ano pasado grazas a unha subvención do Fondo Social Europeo 2014/2020 e da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Esta iniciativa, que se desenvolverá durante os meses de maio e xuño no centro de recursos de Nantón, consistirá na realización de varios cursos de formación dirixidos, preferentemente, a mulleres con disCapacidade. Deste xeito, preténdese contribuír ao seu desenvolvemento na sociedade, dotándoas de coñecementos necesarios e útiles tanto para a súa vida diaria como para a mellora do emprego e a plena inclusión.
As persoas interesadas en participar poderán escoller entre unha ampla oferta de materias en función das súas preferencias e/ou habilidades. Para as apaixonadas das novas tecnoloxías o curso sobre Redes Sociais e Internet pode ser a elección perfecta mentres que o de Informática Básica e Mecanografía adaptarase mellor a quen tan só queira iniciarse no complexo mundo dos ordenadores. Para as máis tradicionais tamén haberá talleres de Cociña e Artes Manuais pero con suxestivas novidades e innovacións. A elaboración de tapas e aperitivos ou a creación de orixinais xabóns naturais serán algunhas delas!
Se es muller e estas interesada nalgunha das nosas propostas non tes máis que poñerte en contacto con nós chamando ao 981 734 985, de luns a venres en horario de 9 a 17h. Informarémoste sen compromiso! E se o tes claro non o penses máis e anótate xa, porque as prazas son limitadas.
Dende Íntegro animamos a todas as mulleres con diversidade funcional da Costa da Morte a participar nesta interesante actividade que, de seguro, lles reportará grandes beneficios e importantes avances na súa autonomía persoal e na súa inclusión social.