Dita adquisición está financiada con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea-NextGenerationEU e o apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Xuventude
A asociación Íntegro das persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte vén de adquirir un novo vehículo adaptado, con capacidade para nove persoas, que permitirá mellorar o servizo de transporte dos seus usuarios e usuarias e incrementar o actual parque móbil, posibilitando así o desdobramento dalgunhas rutas e a incorporación de novas prazas. Así mesmo, con este novo vehículo a entidade vén a modernizar a actual flota coa finalidade de mellorar a eficiencia da mesma e diminuír as emisións contaminantes contribuíndo así a unha economía sostible.
Dita adquisición foi posible grazas ao financiamento da Unión Europea, a través dos fondos NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, e o apoio da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.
O presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, amosou a súa satisfacción por dispoñer dunha flota ampla e renovada, adaptada ás necesidades das persoas con diversidade funcional e lembrou a importancia de dotar ás entidades sociais dos medios e recursos necesarios para eliminar os problemas de accesibilidade e transporte á hora de facilitar ás persoas usuarias a súa chegada aos centros”.