post

Íntegro aposta por unha alimentación saudable, tradicional e con sabor para o menú de outono

Parece que chega o mal tempo e que o fará para quedarse! Xa estamos no outono e é época de cambios. Cambio de temporada, cambio de vestiario, de costumes e de hábitos. E tamén toca cambio de alimentación. Por iso, en Íntegro xa mudamos o noso menú para adaptalo á nova tempada. Pratos quentes, sopeiros e de culler, máis ricos en calorías para facer fronte á nova estación, son a nosa proposta para os meses de outubro, novembro e decembro. A quen non lle apetecen unhas riquísimas lentellas ou un bo cocido galego? A nós, si!

outono_16-1Para a elaboración deste menú, ao igual que os anteriores, confiamos no restaurador Félix Castiñeira, propietario da parrillada-restaurante A Pedra (Cabana), e a supervisión de Marta Viña, experta en Nutrición, porque en Íntegro ademais de promover a cociña galega con produtos autóctonos de primeira calidade, tamén apostamos por unha dieta variada e equilibrada que mira pola saúde e o benestar dos nosos usuarios e usuarias. Comida saudable con todo o sabor e a tradición da nosa terra.

img_0551

Nós xa temos todo listo! Mesa e mantel para unha cociña elaborada coa mellor materia prima da Costa da Morte e algúns dos mellores produtos que nos dá o noso invernadoiro, coidado e sementado por nós mesmos/as.

E ti, xa sabes que vas cociñar hoxe? Pois bota unha ollada ao noso menú e escolle o prato que máis che apeteza. Bo proveito!!

Descarga aquí o menú de outono.

MENÚ OUTONO