post

Íntegro clausurou o curso de cociña para mulleres con disCapacidade incluído no PIMD Rural

A Asociación Íntegro clausurou onte o curso de cociña que estivo a impartir no centro de recursos de Nantón dende o pasado mes de maio a mulleres, prioritariamente, con disCapacidade. Esta é a primeira acción formativa levada a cabo a través do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade (PIMD Rural) organizada pola nosa entidade coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

IMG-20160622-WA0079Ao acto de clausura acudiron o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, a directora do centro, Noelia Barreira, ademais de todas as participantes no taller de Tapas e Aperitivos, que estiveron acompañadas pola súa monitora durante a recollida dos diplomas. López Baña destacou a importancia de poñer en marcha máis iniciativas deste tipo “porque a formación é a chave para acceder en igualdade de condicións ao mercado laboral e acadar un emprego digno e de calidade”. Así mesmo, sinalou “a necesidade de ir superando obstáculos e amosar á sociedade as múltiples capacidades que posúen as persoas con diversidade”. Tamén subliñou que este tipo de accións “permite ocupar o tempo de lecer en actividades creativas que fomenten a aprendizaxe e as relacións sociais”. A vindeira semana será a quenda dos obradoiros de Informática e Artes Manuais.IMG-20160622-WA0078

IMG-20160622-WA0076

 

 

 

 

Pola súa banda, os cursos formativos do PIMD Rural iniciados nos concellos de Malpica, LPimd malpicaaxe e Ponteceso, en colaboración cos departamentos de servizos sociais, xa están chegando ao seu ecuador e continuarán ata finais do mes de xullo. En todos os casos, as clases están a resultar moi positivas para as alumnas, entre as que figuran mulleres con e sen disCapacidade. Un éxito de participación que ogallá dea os seus froitos e contribúa a mellorar a formación das usuarias de cara ao mercado de traballo.