Por unha banda, desde o servizo de logopedia realizaranse numerosas accións encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios e das súas familias. E, nos vindeiros meses, estas serán as súas principais funcións:
- Detección, identificación e evaluación de posibles alteracións de comunicación, linguaxe, fala, voz e deglución.
- Intervencións adaptadas ás necesidades de cada usuario/a individualmente.
- Realización de actividades grupais.
- Participación na elaboración dos Plans Individuais de Atención Social (PIAS).
- Asesoramento familiar sobre os exercicios realizados para mellorar a súa xeneralización.
- Axudar aos usuarios/as para que sexan o máis autónomos posible.
A terapeuta ocupacional será, como de costume, a encargada de levar a cabo os talleres do Centro de Día e do Centro Ocupacional, nos que se desarrollan diferentes programas formativos orientados a promover e impulsar tanto as habilidades sociais e personais dos usuarios/as como as ocupacionais e pre-laborais. Neste sentido, desenvolveranse talleres especializados en formación, orientación e inserción laboral así como en auto-cuidado, tarefas do fogar ou aprendizaxe individual. Tambén será a responsable de coordinar a escola de adultos. Benvidas, chicas!