Onte tivo lugar no Concello de Malpica a clausura do curso de Tapas e Aperitivos organizado pola Asociación Íntegro e o Departamento de Servizos Sociais dentro do PIMD Rural. Seis das oito participantes recibiron os seus diplomas de mans do presidente da nosa entidade, Adolfo López, e a concelleira da área, Marisol Blanco. As outras dúas alumnas non puideron completar o curso porque xa conseguiron traballo, principal finalidade desta acción formativa co-financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (FSE).
Tanto a responsable municipal como o noso presidente amosaron a súa satisfacción pola inserción laboral de ambas usuarias e destacaron a importancia de continuar desenvolvendo programas conxuntos de colaboración para que este tipo de iniciativas dean os seus froitos e posibiliten o acceso ao mercado laboral, que no caso do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional van especialmente dirixidas ás mulleres con disCapacidade para seguir avanzando cara a súa inclusión real.
As alumnas demostraron o resultado da súa formación preparando e servindo tomates recheos e quiche de verduras, dous pratos que acadaron a máxima cualificación tanto pola súa presentación como polo seu sabor. Parabéns a todas polo excelente traballo realizado!










axe e Ponteceso, en colaboración cos departamentos de servizos sociais, xa están chegando ao seu ecuador e continuarán ata finais do mes de xullo. En todos os casos, as clases están a resultar moi positivas para as alumnas, entre as que figuran mulleres con e sen disCapacidade. Un éxito de participación que ogallá dea os seus froitos e contribúa a mellorar a formación das usuarias de cara ao mercado de traballo.




nción das súas preferencias e/ou habilidades. Para as apaixonadas das novas tecnoloxías o curso sobre Redes Sociais e Internet pode ser a elección perfecta mentres que o de Informática Básica e Mecanografía adaptarase mellor a quen tan só queira iniciarse no complexo mundo dos ordenadores. Para as máis tradicionais tamén haberá talleres de Cociña e Artes Manuais pero con suxestivas novidades e innovacións. A elaboración de tapas e aperitivos ou a creación de orixinais xabóns naturais serán algunhas delas!