post

Íntegro reforma o seu PIMD Rural coa incorporación da traballadora social da asociación e a apertura de novas canles de inserción laboral

  • A secretaria xeral de Igualdade da Xunta, que visitou hoxe as instalacións de Nantón, destacou a importancia de traballar na mellora das capacidades das mulleres usuarias
  • Representantes dos concellos de Cabana, Ponteceso, Laxe e Malpica asinaron un novo convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa

Coa experiencia acumulada no período 2015-2016, Íntegro inicia o 2017 co firme propósito de reforzar o seu Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional no Ámbito Rural (PIMD Rural). A incorporación da traballadora social da asociación ao equipo de profesionais que xestionan o proxecto é un primeiro paso, pero este ano pretendemos centrarnos moi especialmente no ámbito laboral, e nese sentido está previsto iniciar contactos cos axentes de emprego e intermediadores laborais dos catro concellos implicados.

_MG_3976

Acto de presentación do PIMD Rural 2016-2017

Cabana, Malpica, Ponteceso e Laxe, de feito, renovaron hoxe o seu compromiso con Íntegro e co PIMD Rural, nun acto ao que tamén asistiu a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, e que se celebrou hoxe pola mañá no Centro de Recursos de Nantón. A secretaria xeral louvou o traballo que está a facer Íntegro pola inclusión da muller rural, destacou a importancia de traballar “na mellora das capacidades” para facilitar a súa inserción laboral e pediu unha atención especial para as mulleres vítimas de violencia de xénero.

IMG_6012

Susana López visitou os obradoiros ocupacionais en compañía dos responsables municipais

O PIMD Rural está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. No primeiro ciclo permitiu atender a 108 mulleres dos catro concellos, prioritariamente con disCapacidade, que se beneficiaron dos diferentes servizos que presta o equipo de profesionais responsable do programa. Neste primeiro bienio incidiuse na formación como unha ferramenta imprescindible para a mellora laboral das mulleres, e, de feito, o ano pasado xa se acadaron seis insercións laborais, e esta mesma semana empezarán a traballar outras tres usuarias en prácticas. Íntegro está en contacto con varias empresas da zona, e agora quere implicar aos servizos municipais relacionados co emprego para poder seguir avanzando.

Os catro concellos bergantiñáns amosáronse satisfeitos cos resultados acadados.

_MG_3998

Usuarios/as de Íntegro elaboraron xabóns de glicerina personalizados para a ocasión

                                                                              

 

post

A Secretaria Xeral de Igualdade visita Íntegro para asistir á presentación do PIMD Rural 2016-2017

Susana López acudirá o vindeiro luns á firma dos novos convenios de colaboración coas entidades locais  

A Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, visitará o vindeiro luns o Centro de Recursos de Íntegro para asistir, xunto aos alcaldes e representantes dos concellos de Cabana,  Ponteceso, Malpica e Laxe, á presentación do novo Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional no ámbito Rural (PIMD Rural) 2016-2017, co-financiado polo ente autonómico e o Fondo Social Europeo (FSE). Ao remate, realizarase un percorrido polas instalacións para coñecer de primeira man os diferentes obradoiros ocupacionais.

IMG_20160308_121417

Sinatura do primeiro convenio de colaboración cos 4 concellos participantes

O acto dará comezo ás 12h coa exposición do balance relativo ao período 2015-2016, no que se analizarán polo miúdo os resultados obtidos durante o primeiro ciclo do PIMD Rural, no que 108 mulleres- prioritariamente con disCapacidade- se beneficiaron das accións formativas levadas a cabo nos catro municipios adheridos ao plan coa finalidade de erradicar a discriminación e a desigualdade de oportunidades mediante o desenvolvemento de actividades que facilitan o empoderamento das mulleres e reforzan o seu papel no ámbito rural. Ademais, daranse a coñecer outros datos de interese relacionados coa formación, o emprego e o número de intervencións realizadas.

A continuación, procederase á firma dos novos convenios de colaboración do PIMD Rural 2016-2017 coas entidades locais. Na grafico-todossinatura estarán presentes alcaldes e representantes dos municipios de Malpica, Laxe, Ponteceso e Cabana, que renovan así o seu compromiso cun dos colectivos sociais máis desfavorecidos.

Coa posta en marcha desta segunda etapa, que terá unha duración dun ano, reforzaranse os puntos de intervención municipais posibilitando traballar, man a man, cos servicios sociais de base, axentes de emprego e orientadores laborais co obxectivo de dar continuidade á labor de inclusión laboral e social das mulleres do rural, especialmente das que están en situación de vulnerabilidade e centrándonos nas máis desfavorecidas, como son as que teñen algún tipo de diversidade funcional.

IMG-20160308-WA0016

A xornada rematará cunha visita de todos os asistentes polas instalacións de Nantón que estará protagonizada polos nosos usuarios e usuarias xa que serán os encargados/as de dar a coñecer o traballo que desempeñan día a día tanto nos obradoiros do Centro de Día como do Centro Ocupacional.

post

A asociación Íntegro aposta pola renovación dos convenios de colaboración cos concellos bergantiñáns adheridos ao PIMD Rural

108 mulleres do rural, na súa maioría con diversidade funcional, beneficiáronse deste programa dende xaneiro de 2015  

Nas vindeiras semanas a asociación Íntegro retomará a actividade do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional no ámbito rural (PIMD Rural). Para elo, procederase a contactar cos concellos xa adheridos a este programa dirixido a mulleres, maioritariamente con disCapacidade, que está cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (FSE), e deseñado e executado pola entidade ata o pasado día 30 de setembro. O primeiro paso para a posta en marcha da segunda edición pasará pola renovación dos convenios de colaboración cos municipios de Malpica, Laxe, Cabana e Ponteceso, que xa forman parte do mesmo dende comezos de ano.

Grazas á implicación e ao compromiso institucional, o PIMD Rural experimentou un notable crecemento na comarca de Bergantiños chegando a consolidarse como o principal grafico-3servizo de atención e intervención para un dos colectivos máis vulnerables da sociedade. Dende que botou a andar en xaneiro de 2015, 108 mulleres beneficiáronse das diferentes accións formativas levadas a cabo para erradicar a discriminación e a desigualdade de oportunidades mediante o desenvolvemento de actividades que facilitan o seu empoderamento e reforzan o seu papel no ámbito rural ata acadar unha situación de normalidade. Neste sentido, os resultados non poden ser mellores! O 69% das usuarias lograron mellorar a súa situación persoal e/ou laboral mentres que un 18% acadou a súa plena integración en materia de educación e formación e o 7% conseguiu a obtención dalgunha cualificación. Ademais, o 6% das participantes acadou o seu primeiro emprego mellorando así a súa calidade de vida.

 Balance

grafico-1Por outra parte, os servizos de orientación, formación e a busca de emprego foron os máis solicitados polas beneficiarias do PIMD Rural acadando un nivel de participación do 81%. Así, o 36% das mulleres fixo uso do programa de orientación e información individual en materia de diversidade, e un 23% decantouse pola adquisición de competencias e habilidades profesionais. Outra das accións con gran aceptación entre as usuarias foron as encamiñadas á orientación laboral e acompañamento na procura de emprego, demandadas no 22% dos casos. A asistencia psicolóxica (11%) e a mediación familiar (8%) pechan a listaxe de prestacións ofrecidas dende os diferentes puntos de intervención, situados nas concellerías de servizos sociais e no Centro de Recursos de Nantón.

grafico-2

A adhesión de catro concellos bergantiñáns ao PIMD Rural, a primeiros de ano,  posibilitou o achegamento de novos recursos a mulleres con diversidade funcional da zona rural. De feito, Ponteceso e Malpica son os municipios nos que se rexistran un maior nivel de participación, cun 33% e un 27%, respectivamente, seguido de Cabana (16%) e Laxe (14%) fronte ao 5% de Vimianzo ou Zas.

Dada a boa acollida que esta iniciativa está a ter na Costa da Morte e ante a crecente demanda de usuarias procedentes doutras localidades, en Íntegro seguimos traballando para ampliar o ámbito de actuación do PIMD a outros municipios e incrementar así a nosa colaboración cos servizos de proximidade á cidadanía.

Permanecede atentas porque moi pronto estaremos de volta!

grafico-todos

 

 

post

Clausurado en Laxe o sétimo curso do PIMD Rural organizado pola Asociación Íntegro

Trátase dun programa formativo financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo (FSE)

Hai uns días clausuramos o curso de Artes Manuais levado a cabo no Concello de Laxe dentro do programa do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade (PIMD Rural), financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (FSE).

CLAUSURA TAPAS E APERITIVOS 1

Dúas alumnas do curso de Cociña de Malpica xa conseguiron traballo

Na entrega de diplomas estiveron presentes cinco das oito mulleres que participaron nesta acción formativa, acompañadas de varios representantes da Asociación Íntegro e dos  responsables do departamento municipal de Servizos Sociais. Esta actividade, realizada o pasado mes de xullo nos locais sociais de Traba e de Laxe, concluíu con gran éxito de participación superando as expectativas previstas. Ademais, ao igual que aconteceu noutros concellos incluídos neste programa formativo, as alumnas- mulleres, prioritariamente, con disCapacidade- amosaron gran interese e implicación durante a súa formación co obxectivo de sentar as bases para a súa posterior inserción laboral. Este foi o caso de dúas usuarias do curso de Tapas e Aperitivos de Malpica que atoparon traballo antes de rematar o obradoiro.

Balance

Dende a posta en marcha do PIMD Rural, implantado en catro concellos da Costa Bergantiñá- Cabana, Malpica, Ponteceso e Laxe-, xa se desenvolveron sete accións destinadas á formación de mulleres con diversidade funcional: 4 no Centro de Recursos de Nantón (Cabana), 2 en Malpica e 1 en Laxe. No mes de setembro terá lugar a oitava no municipio de Ponteceso, para a que xa están cubertas todas as prazas. As especialidades impartidas abarcan diferentes temáticas segundo as preferencias das alumnas: Artes Manuais, Informática e Mecanografía, Redes Sociais e Cociña.

Pero as noticias en torno ao PIMD non rematan aquí! Despois do verán agárdannos importantes novidades orientadas á inserción laboral e á mellora do emprego. Un paso máis que esperemos sexa firme e definitivo na procura da inclusión das persoas con diversidade e, especialmente, dun dos colectivos máis vulnerables: as mulleres.

Bo verán!

IMG-20160622-WA0083CLAUSURA TAPAS E APERITIVOS 2

IMG-20160623-WA0002

IMG-20160711-WA0001

 

 

 

 

 

 

 

post

Dúas alumnas do curso de Tapas e Aperitivos do PIMD Rural de Íntegro xa acadaron a inserción laboral

CLAUSURA TAPAS E APERITIVOS 1Onte tivo lugar no Concello de Malpica a clausura do curso de Tapas e Aperitivos organizado pola Asociación Íntegro e o Departamento de Servizos Sociais dentro do PIMD Rural. Seis das oito participantes recibiron os seus diplomas de mans do presidente da nosa entidade, Adolfo López, e a concelleira da área, Marisol Blanco.  As outras dúas alumnas non puideron completar o curso porque xa conseguiron traballo, principal finalidade desta acción formativa co-financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (FSE).

Tanto a responsable municipal como o noso presidente amosaron a súa satisfacción pola inserción laboral de ambas usuarias e destacaron a importancia de continuar desenvolvendo programas conxuntos de colaboración para que este tipo de iniciativas dean os seus froitos e posibiliten o acceso ao mercado laboral, que no caso do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional van especialmente dirixidas ás mulleres con disCapacidade para seguir avanzando cara a súa inclusión real.CURSO TAPAS E APERITIVOS

As alumnas demostraron o resultado da súa formación preparando e servindo tomates recheos e quiche de verduras, dous pratos que acadaron a máxima cualificación tanto pola súa presentación como polo seu sabor. Parabéns a todas polo excelente traballo realizado!

post

Íntegro clausurou esta mañá o curso de informática do PIMD Rural

A entidade iniciará en agosto novas accións formativas para mellorar o emprego feminino

Esta mañá en Íntegro clausuramos o curso de Informática para mulleres con disCapacidade enmarcado no programa do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade (PIMD Rural), co-financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (FSE). Con este acto puxemos o punto e final ás tres primeiras accións formativas desenvolvidas dende o pasado mes de maio no noso Centro de Recursos de Nantón. A finais do mes pasado tamén concluíron os talleres de Cociña: tapas e aperitivos e Artes Manuais: xabóns, pintura e bixutería.

IMG-20160623-WA0002

Clausura do curso de Artes Manuais

Durante dous meses, as alumnas do obradoiro que concluímos hoxe tiveron a oportunidade de adquirir coñecementos básicos de informática e mecanografía ademais de realizar unha primeira toma de contacto coas redes sociais e internet, dúas ferramentas moi útiles na actualidade e polas que amosaron moito interese.

IMG-20160622-WA0078

Curso de Cociña impartido en Íntegro durante os meses de maio e xuño

 

Por outra banda, as que aínda continuarán a súa formación ata finais deste mes son as participantes dos obradoiros de Malpica, Laxe e Ponteceso.

+iniciativas

Pero as actividades do PIMD Rural non fixeron máis que comezar! Este verán preséntase cheo de novidades e de aprendizaxe en Íntegro porque en agosto porase en marcha unha nova iniciativa do PIMD, dirixida tamén a mulleres con disCapacidade, centrada nas posibilidades persoais e profesionais para mellorar a súa empregabilidade.

MULLERPara elo, crearemos un grupo de traballo integrado por un máximo de seis alumnas para facilitar e garantir unha atención individual e personalizada. Entre os principais obxectivos deste obradoiro destacan o estudo da oferta e a demanda de emprego na nosa contorna, a elaboración dun currículo, o desenvolvemento de ideas e posibilidades de emprego, a busca directa e indirecta e o asesoramento en recursos, entre outras materias. No mes de setembro está previsto a súa ampliación aos concellos de Malpica, Cabana, Ponteceso e Laxe.

O prazo de inscrición para a primeira quenda aínda continúa aberto. As persoas interesadas poden poñerse en contacto con nós chamando ao 981 734 985 de luns a venres, en horario de 9 a 17h, ou no noso centro de Nantón (Cabana).

Se es muller e buscas emprego ou tes unha idea de negocio esta é a túa oportunidade. Non a deixes pasar!  

post

Íntegro clausurou o curso de cociña para mulleres con disCapacidade incluído no PIMD Rural

A Asociación Íntegro clausurou onte o curso de cociña que estivo a impartir no centro de recursos de Nantón dende o pasado mes de maio a mulleres, prioritariamente, con disCapacidade. Esta é a primeira acción formativa levada a cabo a través do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade (PIMD Rural) organizada pola nosa entidade coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

IMG-20160622-WA0079Ao acto de clausura acudiron o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, a directora do centro, Noelia Barreira, ademais de todas as participantes no taller de Tapas e Aperitivos, que estiveron acompañadas pola súa monitora durante a recollida dos diplomas. López Baña destacou a importancia de poñer en marcha máis iniciativas deste tipo “porque a formación é a chave para acceder en igualdade de condicións ao mercado laboral e acadar un emprego digno e de calidade”. Así mesmo, sinalou “a necesidade de ir superando obstáculos e amosar á sociedade as múltiples capacidades que posúen as persoas con diversidade”. Tamén subliñou que este tipo de accións “permite ocupar o tempo de lecer en actividades creativas que fomenten a aprendizaxe e as relacións sociais”. A vindeira semana será a quenda dos obradoiros de Informática e Artes Manuais.IMG-20160622-WA0078

IMG-20160622-WA0076

 

 

 

 

Pola súa banda, os cursos formativos do PIMD Rural iniciados nos concellos de Malpica, LPimd malpicaaxe e Ponteceso, en colaboración cos departamentos de servizos sociais, xa están chegando ao seu ecuador e continuarán ata finais do mes de xullo. En todos os casos, as clases están a resultar moi positivas para as alumnas, entre as que figuran mulleres con e sen disCapacidade. Un éxito de participación que ogallá dea os seus froitos e contribúa a mellorar a formación das usuarias de cara ao mercado de traballo.

post

Íntegro realizará cursos de formación para mulleres con diversidade dentro do PIMD Rural

A Asociación Íntegro pon en marcha una nova acción formativa incluída no programa do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional (PIMD Rural), un servizo específico de asesoramento e intervención integral a mulleres no ámbito social, laboral, educativo e cultural que botou a andar o ano pasado grazas a unha subvención do Fondo Social Europeo 2014/2020 e da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Esta iniciativa, que se desenvolverá durante os meses de maio e xuño no centro de recursos de Nantón, consistirá na realización de varios cursos de formación dirixidos, preferentemente, a mulleres con disCapacidade. Deste xeito, preténdese contribuír ao seu desenvolvemento na sociedade, dotándoas de coñecementos necesarios e útiles tanto para a súa vida diaria como para  a mellora do emprego e a plena inclusión.

As persoas interesadas en participar poderán escoller entre unha ampla oferta de materias en fuIMG_4598nción das súas preferencias e/ou habilidades. Para as apaixonadas das novas tecnoloxías o curso sobre Redes Sociais e Internet pode ser a elección perfecta mentres que o de Informática Básica e Mecanografía adaptarase mellor a quen tan só queira iniciarse no complexo mundo dos ordenadores. Para as máis tradicionais tamén haberá talleres de Cociña e Artes Manuais pero con suxestivas novidades e innovacións. A elaboración de tapas e aperitivos ou a creación de orixinais xabóns naturais serán algunhas delas!

Se es muller e estas interesada nalgunha das nosas propostas non tes máis que poñerte en contacto con nós chamando ao 981 734 985, de luns a venres en horario de 9 a 17h. Informarémoste sen compromiso! E se o tes claro non o penses máis e anótate xa, porque as prazas son limitadas.

Dende Íntegro animamos a todas as mulleres con diversidade funcional da Costa da Morte a participar nesta interesante actividade que, de seguro, lles reportará grandes beneficios e importantes avances na súa autonomía persoal e na súa inclusión social.

cursos integro pimd

post

Os concellos de Costa Bergantiñá implícanse na posta en marcha dos PIMD Rural

Os concellos de Cabana, Laxe, Malpica e Ponteceso, que compoñen a asociación supramunicipal Costa Bergantiñá, expresaron no Día Internacional da Muller o seu compromiso coa posta en marcha dos Puntos de Intervención para Mulleres con Diversidade (PIMD) Rural, un servizo que funciona dende o ano pasado no centro dIMG_20160308_121417e recursos de Nantón e que moi pronto estará dispoñible tamén nos concellos.

Os alcaldes de Cabana, Manuel Muíño; Laxe, José Manuel Mouzo, e Malpica, Eduardo Parga; así como as concelleiras Marisol Blanco, responsable de Servizos Sociais e Igualdade en Malpica; e Isabel Vuelta e Susana Toja, de Ponteceso, asistiron onte en Nantón á presentación do PIMD. O presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, explicou que a extensión dos puntos de intervención limítase de momento aos concellos de Costa Bergantiñá por cuestións de persoal, aínda que a intención de Íntegro é continuar coa ampliación en función da dispoñibilidade dos técnicos e da implicación dos concellos.

A terapeuta ocupacional e directora do centro de recursos de Íntegro, Noelia Barreira, e a psicóloga, Begoña Rial, foron as encargadas de explicar as liñas xerais do PIMD Rural, un programa específico de asesoramento e intervención integral para mulleres con diversidade funcional, tanto no ámbito social coma no educativo, o cultural ou o laboral. De feito, aínda que a iniciativa botará a andar en colaboración cos departamentos municipais de Servizos Sociais, o obxectivo é implicar tamén a orientadores/as laborais e axentes de desenvolvemento local.

post

Íntegro celebra o Día da Muller coa presentación de catro novos PIMD Rural na comarca de Bergantiños

Mañá é o Día da Muller e na Asociación Íntegro ímolo celebrar coa presentación da ampliación do Punto de Intervención á Muller con Diversidade Funcional no medio rural (PIMD Rural), posto en marcha o ano pasado pola nosa entidade, a catro concellos da comarca de Bergantiños. Ademais do noso presidente, Adolfo López Baña, a directora do centro, Noelia Barreira, e a psicóloga, Begoña Rial, estarán presentes os alcaldes dos municipios de Malpica de Bergantiños, Cabana de Bergantiños, Laxe e Ponteceso para dar a coñecer o programa de implantación do PIMD Rural nas súas respectivas localidades.

mujer disca 4

Con esta iniciativa preténdese ampliar o ámbito de actuación do servizo coa finalidade de facelo máis próximo e accesible a todas as mulleres que residen en diferentes zonas da comarca.  No acto, que dará comezo ás 12h no centro de recursos de Nantón, exporanse as liñas de traballo que se desenvolverán dende os diferentes servizos sociais de cada municipio para loitar contra a discriminación e a desigualdade de oportunidades que sofre este colectivo ademais de reforzar o seu papel no ámbito rural.

Cabana de Bergantiños, Laxe, Ponteceso e Malpica de Bergantiños serán, a partires deste ano, os primeiros concellos da Costa da Morte en contar cunha ubicación específica para o PIMD Rural nas súas propias instalacións, permitindo achegar e aproveitar os recursos técnicos da nosa asociación para poñelos ao alcance dos seus habitantes.

Grazas a este novo programa de cooperación tamén se poderán mellorar as actuacións previstas nos Plans de Igualdade Municipais con medidas específicas para a atención de mulleres con diversidade funcional.

Servizos

As mulleres que se acheguen ata os puntos de intervención tamén poderán atopar ampla información e asesoramento sobre recursos en materia de diversidade; atención psicolóxica e mediación familiar; accións encamiñadas á adquisición de habilidades persoais e sociais básicas así como competencias para a mellora do emprego e apoio na mediación laboral e profesional. Ademais, realizaranse actividades de prevención da violencia de xénero e asesoramento de ocio e participación social. Así mesmo, as usuarias deste novo servizo terán información continuada e actualizada sobre todos os programas e accións específicas que se desenvolven na Asociación Íntegro.

sede reducida

En breve, poderás atopar toda a información ao respecto na nosa web a través dunha nova sección que crearemos para manterte puntualmente ao día. Mentres tanto, se te queres achegar ao novo punto de intervención só tes que poñerte en contacto con nós chamando ao 981 734 985 ou preguntando no departamento de servizos sociais do teu concello.